Canto espazo é necesario para instalar Trisquel?
- Anmelden oder Registrieren um Kommentare zu schreiben
Ola de novo,
No meu disco duro de 80 Gb teño unha partición onde Windows XP ocupa o 53%. Canto espazo necesitaría para instalar o Trisquel 2.0? É posible reducir a partición do XP sen que afecte aos documentos que alí teño gardados?
Grazas, un saudo.
Dependendo da versión, entre 3 e 4 GB, pero recomendamos 10GB ou máis. O instalador ten a posibilidade de reducir o tamaño da partición de windows para facer espazo para Trisquel, deixando os datos sen tocar (se tes algo importante, fai unha copia por se acaso!).
- Anmelden oder Registrieren um Kommentare zu schreiben