Problema ao instalar Trisquel

2 Antworten [Letzter Beitrag]
Coegho
Offline
Beigetreten: 10/26/2008

Hola. Estou tratando de instalar o Trisquel no meu ordenador, pero non hai forma. Explico os pasos que fixen:

O meu ordenador é novo e viña co Windows XP. Empreguei o Partition Magic para facerlle unha partición e meterlle o Trisquel. Reinicio e entro co CD, aparece a pantalla do Trisquel, e pulso en "Instalar Trisquel".
Entón carga o kernel, e de súpeto aparece en letras brancas o seguinte:

Buffer I/0 error on device fd0, logical block 0
sro: CDROM (ioctl) error, command: get configuration 46 00 00 00 00 00 00 00 20 00

E repítese unha e outra vez. Alguén pode dicirme o que ocorre? Probei grabando de novo o CD e sucede o mesmo. Será porque teño dous lectores de CD/DVD? Gustaríame que alguén me dixese que facer (por pasos a poder ser, de forma que o poida entender)

Os meus datos son estes:
Placa base: Socket 775 GIGABYTE
Procesador: Pentium Core 2 duo 8500 GHz
RAM: 2 memorias de 2 Gb de RAM cada unha
Disco duro: Seagate 500 Gb SATA
Tarxeta gráfica: VGA GIGABYTE 512 Mb
Lectores de CD: Regrabadora DVD LG; Lector DVD LG

Grazas por adiantado.

adian
Offline
Beigetreten: 02/10/2005

Saude Coegho.

Pode tratarse da existencia de duas grabadoras. Tenta arrincar o sistema metendo o CD na grabadora do IDE 0.
Explícome:

As placas dos PCs teñen dous cables (IDE) que comunican os DVD e os discos duros coa placa. Un deles; o que teñas conectado ó disco principal (Seagate 500 Gb SATA - no teu caso) e o que está no IDE 0. Pon o CD de Trisquel no DVD do IDE 0. (Se miras no interior do PC só tes que seguir os cables).

Tamén pode ser por que o CD esté mal grabado ou grabado nun DVD.
Pola rede adiante lín que é bo ter configurada a BIOS de xeito que os discos e DVDs teñan a opción de AUTO.

Un pracer

Coegho
Offline
Beigetreten: 10/26/2008

Moitas grazas, ao final arranxeino ao activar a opción AHCI na BIOS (en "periféricos" ou algo similar). Sen embargo, así non me funciona o Windows, teño que arranxalo.
Agora o que me queda e configurar o módem 3G Huawei de Vodafone no Trisquel. Supoño que será igual que no Ubuntu, xa estou buscando Drivers.

Moitas grazas pola axuda, a ver se aprendo a usar ben o Linux e paso do Windows.

EDITO: Xa configurei ben o de AHCI, pero agora vexo que non me funciona o módem de Vodafone. Probei coa aplicación vodafone-mobile-connect-card-driver-for-linux, pero creo que non hai versión para min (uso un Intel de 64 bits). Alguén pode axudarme? Serviría unha versión de Ubuntu?