Comportamento anómalo en Trisquel 5.0 e coincidente en Ubuntu 11.04
- Anmelden oder Registrieren um Kommentare zu schreiben
Teño dúas computadoras de distintas característias a nivel de hardware. Unha portatil e outra de sobremesa. Teño na de sobremesa, instalado Ubuntu 11.04, e no portatil Trisquel 5.0 e Trisquel 4.5
Curiosamente [xa por segunda vez] ao conectarme a internet [na mesma rede wifi] aproximadamente despois das 12 da noite un sábado, tanto no Trisquel 5.0 coma no Ubuntu 11.04 o tema (ou estilo, non sei o nome, pero ven sendo, o aspecto das ventanas, a resolución etc...) do sistema cambia radicalmente, e pasa a ser máis clásico, [semellante a un windows 98 xD ou algo parecido].No Trisquel ábreseme o Synpatic, [sen eu o activar], no Ubuntu non o comprobei.
Da outra vez solucionárase á seguinte vez que me conectara a internet, ou aos dous días. No Trisquel ábreseme o Synpatic, [sen eu o activar].
Intrígame bastante, pois non sei se é algo que ten que ver cos repositorios ou con algo propio do sistema operativo ou se é un ataque externo [eu que me atopaba tan seguro no meu sistema libre administrado de xeito bastante concienciado].
De momento non se solucionou o asunto, pois me acabo de atopar con el xusto agora. Da primeira vez, solucionárase, pero quedara sen saber porque fóra. Que eu saiba, non realizara ningún tipo de cambio na configuración dos temas, estilos, etc... de iconos e demáis historias do S.0, así que estou algo perplexo...
Algo anormal que me pasara tamén, é que no Trisquel 4.5 de súpeto ao conectarme a internet empezaba a desaparecer espazo e desaparecer espazo que se enchía nunha carpeta oculta chamada como algo parecido a .encrypt [non exactamente], eu asumira que era por algo relacionado coa encriptación do meu cartafol personal, pero non lle din moita importancia pois en breves formatearía esa parte do disco, asíque borrei dita carpeta [coa consecuencia de borrar tamén os directorios de imaxes, videos, etc...]
Agradecería a vosa axuda canto antes, pois estou algo preocupado. Moitas grazas!!!!
Veño de reiniciar a computadora, e vólvese atopar en perfectas condicións... Non entendo nada, xD dáme ata medo de alucinalo!
Ao iniciar o Trisquel 5.0 dáme un erro que non daba o 4.5 [ou iso creo] que ten algo que ver cos "UMID devices" (creo que é así). Algunhas veces o entorno gráfico falla, ou vai un pouco lento de máis, é outra apreciación que fixen. O de sobremesa non sei que tarxeta gráfica ten exactamente, o portátil ten unha Intel non demasiado potente, pero supoño que si o suficiente como para cargar compiz e demáis elementos [tamén ten unha nVidia relativamente potente pero parece ser que o kernel non a detecta e polo tanto non funciona en GNU/Linux]
Ao iniciar o Trisquel 5.0 dáme un erro que non daba o 4.5 [ou iso creo] que
ten algo que ver cos "UMID devices" (creo que é así). Algunhas veces o
entorno gráfico falla, ou vai un pouco lento de máis, é outra apreciación
que fixen. O de sobremesa non sei que tarxeta gráfica ten exactamente, o
portátil ten unha Intel non demasiado potente, pero supoño que si o
suficiente como para cargar compiz e demáis elementos [tamén ten unha
nVidia relativamente potente pero parece ser que o kernel non a detecta e
polo tanto non funciona en GNU/Linux]
Veño de reiniciar a computadora, e vólvese atopar en perfectas
condicións... Non entendo nada, xD dáme ata medo de alucinalo!
Teño dúas computadoras de distintas característias a nivel de hardware.
Unha portatil e outra de sobremesa. Teño na de sobremesa, instalado Ubuntu
11.04, e no portatil Trisquel 5.0 e Trisquel 4.5
Curiosamente [xa por segunda vez] ao conectarme a internet [na mesma rede
wifi] aproximadamente despois das 12 da noite un sábado, tanto no Trisquel
5.0 coma no Ubuntu 11.04 o tema (ou estilo, non sei o nome, pero ven sendo, o
aspecto das ventanas, a resolución etc...) do sistema cambia radicalmente, e
pasa a ser máis clásico, [semellante a un windows 98 xD ou algo
parecido].No Trisquel ábreseme o Synpatic, [sen eu o activar], no Ubuntu non
o comprobei.
Da outra vez solucionárase á seguinte vez que me conectara a internet, ou
aos dous días. No Trisquel ábreseme o Synpatic, [sen eu o activar].
Intrígame bastante, pois non sei se é algo que ten que ver cos repositorios
ou con algo propio do sistema operativo ou se é un ataque externo [eu que me
atopaba tan seguro no meu sistema libre administrado de xeito bastante
concienciado].
De momento non se solucionou o asunto, pois me acabo de atopar con el xusto
agora. Da primeira vez, solucionárase, pero quedara sen saber porque fóra.
Que eu saiba, non realizara ningún tipo de cambio na configuración dos
temas, estilos, etc... de iconos e demáis historias do S.0, así que estou
algo perplexo...
Algo anormal que me pasara tamén, é que no Trisquel 4.5 de súpeto ao
conectarme a internet empezaba a desaparecer espazo e desaparecer espazo que
se enchía nunha carpeta oculta chamada como algo parecido a .encrypt [non
exactamente], eu asumira que era por algo relacionado coa encriptación do
meu cartafol personal, pero non lle din moita importancia pois en breves
formatearía esa parte do disco, asíque borrei dita carpeta [coa
consecuencia de borrar tamén os directorios de imaxes, videos, etc...]
Agradecería a vosa axuda canto antes, pois estou algo preocupado. Moitas
grazas!!!!
- Anmelden oder Registrieren um Kommentare zu schreiben