Fallo na instalación de Dwyn
- Anmelden oder Registrieren um Kommentare zu schreiben
Grabei a imaxe de Dwyn trisquel_3.0_i686.iso nun CD e tentei instalala, pero deu o seguinte erro:
---- Inicio cita ----
Fallou a instalación
O programa de instalación atopou un erro copiando ficheiros ao disco duro:
[Errno 5]Input/output error
Isto adoita deberse a unha lectora de CD/DVD, un CD/DVD ou un disco duro defectuoso. Podería axudar limpar o CD/DVD, gravalo a unha velocidade menor, limpar a lente da lectora (as tendas de electrónica ofrecen normalmente kits de limpeza), comprobar se o disco duro xa vai vello e precisa ser substituído, ou trasladar o sistema a un ambiente mellor.
---- Fin cita ----
Estaba instalando Dwyn nun ordenador novo, co CD gravado noutro ordenador novo que sempre gravara ben ata de agora. Observei o disco con cuidado: había un pequeño rabuño. Tirei o disco e gravei outro. Mesmo resultado, e esta vez sen rabuño.
É moi de agradecer que Dwyn facilite un informe de erro tan completo, pero vista a experencia previa non teño motivos para crer que falle a lectora de CD/DVD, nen tampouco a gravadora de CD/DVD, nen que o disco ríxido vaia vello, nen que o CD estea sucio, nin que o ambente sexa inadecuado.
Por tanto, para mín o que sucede e que a imaxe Dwyn trisquel_3.0_i686.iso de Dwyn da problemas. O que vou facer é instalar Ubuntu.
> Por tanto, para mín o que sucede e que a imaxe Dwyn trisquel_3.0_i686.iso de
> Dwyn da problemas.
Os cd's de Trisquel teñen un sistema para "verificar o CD en busca de
defectos". Non é a primeira vez que vexo unha grabadora facer cd's que
non funcionan ben nun lector concreto. Por outra parte, se o problema
foi un erro durante a descarga, podes grabalo cen veces e seguirá a
fallar. Verifica o md5 do arquivo iso.
> O que vou facer é instalar Ubuntu.
Enjoy.
_______________________________________________
Trisquel-usuarios mailing list
name at domain
http://listas.trisquel.info/cgi-bin/mailman/listinfo/trisquel-usuarios
A la imagen de Trisquel no le pasa nada, ni a la de 64 bits ni a la de 32 (doy fe de ello). Haz como te dice Rubén antes de sacar conclusiones precipitadas.
Saludos.
Eu sei de que é o problema, non é da imaxe, é do cd. Tes que volvelo a
gravar e seguro que funcionará., Isto pasoume a min unha vez con ubuntu
> Eu sei de que é o problema, non é da imaxe, é do cd. Tes que volvelo a
> gravar e seguro que funcionará., Isto pasoume a min unha vez con ubuntu
Moi ben, tenteino de novo. A suma de control md5 estaba ben. Gravei
un novo CD (o terceiro xa) e esta vez si que foi. Todo fora una
fastidiosa casualidade de que fallaran dous CDs Verbatim seguidos.
Graciñas polo consello.
A migración de contas de Windows XP dende outra partición é
mellorable, non copiou os cartafois "A miña música" e "As miñas
imaxes", non copiou os documentos presentes no escritorio, copiou mal
a imaxe de fondo de escritorio (0 octetos).
A configuración de rede fíxena sen problemas, agora estou
investigando cómo introducir o proxy para saír á Interrede.
_______________________________________________
Trisquel-usuarios mailing list
name at domain
http://listas.trisquel.info/cgi-bin/mailman/listinfo/trisquel-usuarios
Non uses verbatim, son os que usaba eu e fallaban sempre :) Asegurado!"
Es verdad, yo también he tenido muchos problemas en verbatim, tanto en
Windows como en GNU/Linux, son muy malos.
El dv 02 de 10 de 2009 a les 14:20 +0200, en/na CESAR va escriure:
>
> Non uses verbatim, son os que usaba eu e fallaban sempre :)
> Asegurado!"
> _______________________________________________
> Trisquel-usuarios mailing list
> name at domain
> http://listas.trisquel.info/cgi-bin/mailman/listinfo/trisquel-usuarios
_______________________________________________
Trisquel-usuarios mailing list
name at domain
http://listas.trisquel.info/cgi-bin/mailman/listinfo/trisquel-usuarios
- Anmelden oder Registrieren um Kommentare zu schreiben