Gambas, free development environment based on a Basic interpreter with object extensions
- Anmelden oder Registrieren um Kommentare zu schreiben
Gambas, un contorno de desenvolvemento de aplicacións para sistemas GNU/Linux con código moi parecido ao de Visual Basic.
A distro Guadalinex utiliza este software para aplicacións como por exemplo: Apt-linex (http://gambas.gnulinex.org/aptlinex/), un programa integrado con Firefox que permite a instalación de aplicacións dunha forma moi fácil, coa explicación que hai no enlace o entenderedes moito mellor.
As posibilidades son infinitas.
Páxinas con códigos fonte para exemplos: http://www.gambasforge.net/
Web oficial: http://www.gambas.sourceforge.net/
Algúns inconvintes son que a versión estable quédase moi atrasada con respecto á actual versión en desenvolvemento xa dispoñible. (1.9.42 con respecto á 1.0.20).
Sería unha moi boa idea incluír gambas nos repositorios para aumentar as posibilidades de expansión de Trisquel, creando aplicacións que faciliten as tarefas máis comúns dos usuarios: instalación de software, configuraciónes de rede... etc
Pareceme unha plataforma interesante, sobre todo pola dualidade GTK(Gnome)/QT(KDE)... pero esta dualidade só se da na versión de desenvolvemento. Trisquel esta baseado en Debian Testing, e ten activados os repositorios de Etch, nos que se atopa gambas 1. Para instalar gambas 2 basta con activar o repositorio de experimental. Para facelo:
Engade (como root) a liña "deb http://trisquel.uvigo.es/pub/debian/ experimental main contrib" sen as comiñas, a /etc/apt/sources.list
Executa apt-get update, e apt-get -t experimental install gambas.
Creo que o runtime (o soporte de execución) é algo interesante para incluir en Trisquel, queda apuntado.
So un comentario, o título da mensaxe debera de estar en galego ou castelán :)
Gambas 2 xa está en unstable, pero quedan alguns paquetes en experimental.
Para instalar gambas1
apt-get install gambas
Para instalar gambas2
apt-get install gambas2
Pero gambas2 parece que de momento non funciona correctamente en Debian...
- Anmelden oder Registrieren um Kommentare zu schreiben