Non podo instalar ESET NOD32 Antivirus 4 en Trisquel

5 Antworten [Letzter Beitrag]
Ignacio.Agullo
Offline
Beigetreten: 09/29/2009

Estou probando a instalar programas en Ubuntu e Trisquel.

Decidín probar o ESET NOD32 Antivirus 4, que para GNU/Linux atópase
en fase Beta: http://beta.eset.com/linux

Era para un PC con núcleo de 32 bits, así que descarguei o ficheiro
"ueav.i386.linux".

En Ubuntu abriuse sen problema, instalouse, e funciona ben; pero en
Trisquel non se abre.

Despois estive a facer unha investigación, pero foi unha total perda
de tempo...

O que fixen foi mirar nas propiedades do ficheiro. Mirei que en
Ubuntu se abre con "Xestor de Arquivos", que en inglés é "Archive
Manager". En cambio, en Trisquel non había unha aplicación axeitada
para abrilo... o sistema propúxome instalar cousas como "PyPar2" e
así. Así que pensei en instalar en Triquel o "Xestor de Arquivos";
pero o "Centro de Software...", perdón, pero "Engadir/Eliminar
Aplicacións" non recoñece tal nome. Entón tentei procurar polo nome
en inglés "Archive Manager", pero ¡tampouco!

Procurando na Interrede descubrín que en realidade "Archive Manager"
é un nome falso e que o programa en cuestión ten unha identidade
segreda, para putear aos usuarios con reviravoltas innecesarias. O
verdadeiro nome é "File Roller", e descubrín que ¡xa estaba instalado
en Trisquel! A diferencia é que en Ubuntu é a versión 2.28.1, e en
Trisquel é a 2.26.1.

Entón abrín os dous "Xestor de Arquivos", e tentei abrir o ficheiro
"ueav.i386.linux" dende eles, pero din:

Trisquel:
Non se puido abrir "ueav.i386.linux"
Este tipo de arquivo non está soportado.

Ubuntu:
Non se puido abrir "ueav.i386.linux"
Este tipo de arquivo non é compatíbel.

Tentei averiguar algo máis sobor deste formato, ".linux"... pero
resulta que procurar información na telaraña de amplitude mundial
sobre "linux" resulta unha monumental perda de tempo, porque toda a
información que se atopa é sobor do kernel e do sistema operativo
baseado nel. Definitivamente, a idea de nomear "linux" un formato de
instalación é unha idea estúpida. Entre isto e a identidade segreda
do "Archive Manager" xa me fixeron o día.

En fin, todo o que podo decir é que ningún dos "Xestor de Arquivos",
alias "Archive Manager", alias "File Roller" abren o ficheiro... ¡e
nembragantes no Ubuntu ábrese e instálase! ¿Porqué en Trisquel non?

_______________________________________________
Trisquel-usuarios mailing list
name at domain
http://listas.trisquel.info/cgi-bin/mailman/listinfo/trisquel-usuarios

isaac1024
Offline
Beigetreten: 09/15/2009

Trisquel GNU-linux é unha distribución que pretende seguir a filosofía do proxecto GNU (isto quere decir facilitar un SO 100% libre) en trisquel se prefire ter un pc que non rinda todo o que poidese con software propietario, pero que poidamos ter control total do que usamos (por exemplo eu non teño a wifi + aceleración 3d, para iso teño outra distribucion en una partición paralela)
polo que eu sei eset nod32 é software propietario e por iso creo que non te solucionarán o problema. o que non entendo é que na comunidade GNU temos un antivirus (ClamAV) que é libre e tamén é moi competente (para a miña experiencia é tan bo ou mellor que os antivirus propietarios)
Non sei o que dirán os demais pero a solución que che dou eu é pasar de software privativo e instales clamav (está nos repositorios así que poderás instalalo sen problemas con apt-get ou en synaptic)

Ignacio.Agullo
Offline
Beigetreten: 09/29/2009

> Trisquel GNU-linux é unha distribución que pretende seguir a filosofía do
> proxecto GNU (isto quere decir facilitar un SO 100% libre)

Entendo que non ten moito sentido instalar Trisquel para despois
poñerlle programación propietaria. Para iso sería máis cómodo
Ubuntu, que tamén haino en galego.

Pero como mera cuestión técnica, ¿qué carallo son os ficheiros
*.linux e porqué Trisquel non os recoñece?

_______________________________________________
Trisquel-usuarios mailing list
name at domain
http://listas.trisquel.info/cgi-bin/mailman/listinfo/trisquel-usuarios

aklis

I am a member!

I am a translator!

Offline
Beigetreten: 04/19/2005

2009/12/29 <name at domain>

> > Trisquel GNU-linux é unha distribución que pretende seguir a filosofía do
> > proxecto GNU (isto quere decir facilitar un SO 100% libre)
>
> Entendo que non ten moito sentido instalar Trisquel para despois
> poñerlle programación propietaria. Para iso sería máis cómodo
> Ubuntu, que tamén haino en galego.
>

Non estou para nada dacordo, coido que é mellor empregar unha distro libre
e, de ser necesario e imprescindibel, facer uso de software non libre en
casos puntuais, que empregar unha distro que,xa dende a base, non garante ao
100% a liberdade dos seus usuarios.

>
> Pero como mera cuestión técnica, ¿qué carallo son os ficheiros
> *.linux e porqué Trisquel non os recoñece?
>

Normalmente son scripts con algun contido binario. Non é que trisquel non os
coñeza, se non que é preciso que teñan permiso de execucion para poder ser
empregados como programas.

Sau2
/santi

Ignacio.Agullo
Offline
Beigetreten: 09/29/2009

> 2009/12/29 <name at domain>
>
>> Pero como mera cuestión técnica, ¿qué carallo son os ficheiros
>> *.linux e porqué Trisquel non os recoñece?
>>
>
> Normalmente son scripts con algun contido binario. Non é que trisquel non
> os coñeza, se non que é preciso que teñan permiso de execucion para poder
> ser empregados como programas.

Graciñas.

(Manda carallo) Mira que onte farteime a facer chmod para tentar
executar o devandito ueav.i386.linux, pero pasaba isto:

usuario@usuario-desktop:~/Escritorio$ sudo ueav.386.linux
sudo: ueav.386.linux: command not found

Ata que hoxe ocorréuseme facelo gráficamente a traveso do escritorio,
no menú do contexto do ficheiro... e efectivamente, alí estaba o
permiso de execución... e dende entón, todo foi ben. NOD32 está
instalado en Trisquel e funciona correctamente.

_______________________________________________
Trisquel-usuarios mailing list
name at domain
http://listas.trisquel.info/cgi-bin/mailman/listinfo/trisquel-usuarios

aklis

I am a member!

I am a translator!

Offline
Beigetreten: 04/19/2005

2009/12/30 <name at domain>

> > 2009/12/29 <name at domain>
> >
> >> Pero como mera cuestión técnica, ¿qué carallo son os ficheiros
> >> *.linux e porqué Trisquel non os recoñece?
> >>
> >
> > Normalmente son scripts con algun contido binario. Non é que trisquel non
> > os coñeza, se non que é preciso que teñan permiso de execucion para poder
> > ser empregados como programas.
>
> Graciñas.
>
> (Manda carallo) Mira que onte farteime a facer chmod para tentar
> executar o devandito ueav.i386.linux, pero pasaba isto:
>
> usuario@usuario-desktop:~/Escritorio$ sudo ueav.386.linux
> sudo: ueav.386.linux: command not found
>

Iso ocorre porque o arquivo "ueav.386.linux" non se atopa no $PATH.

O PATH (traducible por ¿camiño?) é unha variabel do contorno onde se indica
os directorios do sistema onde se atopan programas que se poden executar. Se
queres executar algo que non está no path, tes que indicarlle a ruta. Un par
de exemplos:

- Escribir toda á ruta
sudo /home/usuario/Escritorio/ueav.386.linux

- Se estas no directorio onde se atopa o arquivo que queres executar
usuario@usuario-desktop:~/Escritorio$ sudo ./ueav.386.linux

(Ollo ao "./" antes do nome do arquivo, con isto indicamoslle a sudo que o
arquivo a executar e o que temos no directorio actual, e chamase
ueav.386.linux)

Saú2
/santi

> Ata que hoxe ocorréuseme facelo gráficamente a traveso do escritorio,
> no menú do contexto do ficheiro... e efectivamente, alí estaba o
> permiso de execución... e dende entón, todo foi ben. NOD32 está
> instalado en Trisquel e funciona correctamente.
>
> _______________________________________________
> Trisquel-usuarios mailing list
> name at domain
> http://listas.trisquel.info/cgi-bin/mailman/listinfo/trisquel-usuarios
>