gnome 2.16 e kernel 2.6.20

2 Antworten [Letzter Beitrag]
ivann
Offline
Beigetreten: 03/05/2007

Ola en primeiro lugar quero felicitarvos polo proxecto, pareceme unha distribucion moi completa e facil de empregar. A miña pregunta e se a trisquel 1.0 se lle pode actualizalo kernel a 2.6.20 e gnome a 2.16 e como poderia facelo sen unha conexion de internet no pc no que teño instalado trisquel.

Grazas.

Trisquel
Offline
Beigetreten: 12/21/2004

O estado da adaptación dos paquetes de Gnome 2.16 a Debian pode consultarse en http://www.0d.be/debian/debian-gnome-2.16-status.html
Actualmente o sistema está incompleto e só dentro da rama experimental, polo que non lle damos soporte. Podes instalalo manualmente ou compilalo... Trisquel usa a filosofía Debian: fiabilidade antes que "versionitis".

O kernel 2.6.20 pódese descargar de kernel.org e compilarse coas ferramentas incluidas en Trisquel, polo que o único que precisas descargar é o arquivo das fontes.

En breve tentaremos facer unha imaxe do kernel (con todas as modificacións típicas de Trisquel) 2.6.20 precompilada. Permanece atento. :)

ivann
Offline
Beigetreten: 03/05/2007

Pois iso que me gustaria instalarlle Beryl a Trisquel nun pc sen conexion a internet, poderiades decirme como facelo? A modo de pequeno tutorial se podedes porque non sei moito de linux, se hai que desinstalar compiz, como facelo...

Grazas