Beryl 0.2.0 xa dispoñible en Trisguel

10 Antworten [Letzter Beitrag]
Trisquel
Offline
Beigetreten: 12/21/2004

A última versión do xestor de fiestras e animacións Beryl xa está dispoñible en Trisguel. A forma recomendable e instalar os seguintes paquetes:

heliodor
beryl
emerald
emerald-themes
beryl-settings-simple

Podes facelo co Xestor de paquetes Synaptic ou co comando

sudo apt-get install heliodor beryl emerald emerald-themes beryl-settings-simple

Xoalde
Offline
Beigetreten: 01/02/2007

Gran noticia :D

Agora só me queda conseguir que miña tarxeta gráfica faga funcionar a aceleración 3D

(malditas ati... )

Adrian
Offline
Beigetreten: 04/01/2007

Boas de novo, pois iso, que estiven trasteando un pouco e acabo de instalar beryl (comentar que estou alucinado con todo o que se pode facer :D), pero agora o que quería é que se iniciase cando arranco o sistema. Lin de facer un script e modidicar o arquivo init.d, pero bueno, non sei eu se sería arriscarse a facer unha desfeita. A ver se alguén me pode dar unhas indicacións sobre o que hai que facer.

Un saúdo e ánimo co proxecto, pois pola miña parte trisquel xa se queda no meu ordenador. ^^

Trisquel
Offline
Beigetreten: 12/21/2004

As ati son malditas e benditas, depende do modelo :(
Certos modelos teñen aceleración 3D libre e outros non. Estamos a traballar para mellorar ese punto.

quidam

I am a member!

I am a translator!

Offline
Beigetreten: 12/22/2004

É tan sinxelo como abrir o configurador de sesións (en inicio > Escritorio >
preferencias) e engadir o comando beryl-manager á lista de programas de
inicio.
_______________________________________________
Trisquel-usuarios mailing list
name at domain
http://trisquel.uvigo.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trisquel-usuarios

ivann
Offline
Beigetreten: 03/05/2007

O meu problema e que no pc no que quero instalar Beryl non teño conexión a internet. Poderiades sinalarme que paquetes descargar noutro pc pa pasalos a este nun pen ou cd e como instalalos tendo esto en conta? Supòño que habra que sustituir compiz por Beryl enton tamen me gustaria saber como desinstalar este por completo.

Grazas.

Adrian
Offline
Beigetreten: 04/01/2007

¡Gracias pola axuda! Pois si que era sinxelo, e eu buscando cousas que non viñan a conto... gracias de novo

Un saúdo.

Trisquel
Offline
Beigetreten: 12/21/2004

Podes executar isto para descargar os paquetes:

#!/bin/sh
wget ftp://trisquel.uvigo.es/archive/pool/main/b/beryl-core/libberylsettings0_0.2.0~0beryl1_i386.deb
wget ftp://trisquel.uvigo.es/archive/pool/main/b/beryl-core/beryl-core_0.2.0~0beryl1_i386.deb
wget ftp://trisquel.uvigo.es/archive/pool/main/b/beryl-core/libberyldecoration0_0.2.0~0beryl1_i386.deb
wget ftp://trisquel.uvigo.es/archive/pool/main/b/beryl-plugins/beryl-plugins-data_0.2.0~0beryl1_all.deb
wget ftp://trisquel.uvigo.es/archive/pool/main/b/beryl-plugins/beryl-plugins_0.2.0~0beryl1_i386.deb
wget ftp://trisquel.uvigo.es/archive/pool/main/b/beryl-settings-bindings/beryl-settings-bindings_0.2.0~0beryl1_i386.deb
wget ftp://trisquel.uvigo.es/archive/pool/main/b/beryl-settings/beryl-settings_0.2.0~0beryl1_i386.deb
wget ftp://trisquel.uvigo.es/archive/pool/main/e/emerald/libemeraldengine0_0.2.0~0beryl1_i386.deb
wget ftp://trisquel.uvigo.es/archive/pool/main/e/emerald/emerald_0.2.0~0beryl1_i386.deb
wget ftp://trisquel.uvigo.es/archive/pool/main/h/heliodor/heliodor_0.2.0~0beryl1_i386.deb
wget ftp://trisquel.uvigo.es/archive/pool/main/b/beryl-manager/beryl-manager_0.2.0~0beryl1_i386.deb
wget ftp://trisquel.uvigo.es/archive/pool/main/b/beryl-core/beryl_0.2.0~0beryl1_i386.deb
wget ftp://trisquel.uvigo.es/archive/pool/main/b/beryl-settings-simple/beryl-settings-simple_0.2.0~0beryl1_i386.deb
wget ftp://trisquel.uvigo.es/archive/pool/main/e/emerald-themes/emerald-themes_0.2.0~0beryl1_all.deb

No arquivo da lista de correo leese máis claro.

Compiz é compatible con beryl, non tes que desinstalar nada.

Xoalde
Offline
Beigetreten: 01/02/2007

Bueno, pois haberá que esperar a que arranxedes este tema.
Inda que coa cantidade de tarxetas gráficas que ten ATI, non sei de onde sacaredes tempo para todas elas.
Ánimo e moitas gracias polo voso interese.

Xoalde
Offline
Beigetreten: 01/02/2007

Hoxe liberouse Beryl 0.2.1. Non hai nada novo salvo o arreglo de licencias para que poida ser incorporado a Debian e tódalas súas variedades, incluída Trisquel, ;)

Tamén rumoréase que cada vez é máis probable a reunificación de Beryl con o seu antecesor Compiz, de tal maneira que Beryl pasaría a ser Compiz-extra. Así, deixarían de existir dúas cores case idénticas, de tal forma que compiz faríase cargo do desenrolo do núcleo, principalmente, e Beryl do desenvolvemento de plugins. Iso é o que se pode intuir polo traballo realizado polos programadores das últimas semanas. Xa veremos se isto acaba sendo bó ou malo á larga.

Trisquel
Offline
Beigetreten: 12/21/2004

Vaia, non sabia que existira un problema de licencias, o cal é bastante grave. Revisaremos os paquetes e actualizaremos para cumprir as licencias e exluir o software privativo.