Como traducir e programar en trisquel

1 Antwort [Letzter Beitrag]
knoxville
Offline
Beigetreten: 05/04/2008

Ola de novo gustariame saber como se pode axudar a traducir algúns programas ou a programar alguns baixo trisquel empresas estiven mirando o creador de entornos graficos glade no que se programa en GTK/C e quixera saber en que tipo de compiladores ou outros programas estan feitos os de trisquel por exemplo o iceweasel etc
Un saudo

Trisquel
Offline
Beigetreten: 12/21/2004

A variedade de tecnoloxías empregadas é moi grande, pero por nombrar algúns exemplos, iceweasel está programado en c e máis XUL, unha linguaxe xml. A maioría do gnome esta feito en c e glade, un deseñador de interfaces. O kde está feito con c++ e qt, igual que o abanq de trisquel empresas...

Glade pode epregarse para deseñar aplicativos e logo programalos con c, pero tamén con python, c++, java, perl e outros. Se tes pouca experiencia, recoméndoche python, e unha linguaxe sinxela e potente.

A tradución, por contra, faise contra unha tecnoloxía común: arquivos de locale en formato .po/.mo feitos con gettext. Podes empregar diferentes ferramentas de tradución (coma gtranslator), e salvo algunha excepción (iceweasel, openoffice), case todos os programas libres empregan esta tecnoloxía.