Instalación Trisquel 2.0

3 Antworten [Letzter Beitrag]
xiseme
Offline
Beigetreten: 01/14/2007

Por se axuda en algo.
PC P4 2.4mhz 1Gb 2DD cdrom dvdrom , rato inalámbrico, teclado ps2, wacom-tablet(serie), scanner P-Bell usb, impresora Hp2100 (conectada en paralelo e en rede).Lan conectado a router (speedtouch wifi-apagado- 4portos RJ45). Segundo PC conectado por cable ao router.

-Instalación rápida: desde o remate do particionado (manual) ata o reinicio 12 min. (1)
-Puxo o seu grub detectando os outros S.O. win e linux(varios).
-Todo o hardware detectado correctamente, salvo a wacom.(2)
-A impresora instalada como LPT e en rede. Co scanner "quexóuse" da falta do firmware indicando o cartafol no que debía estar. Pónse o ficheiro e Xsane listo.(3)
-Identifica ben a rede, windows e linux. (4)
-Aplicacións por defecto ... uf! "mi madriña!", ao completo, para dar e regalar (nunca millor dito) (6)
-Funcionando o avisador de actualizacións. Firefox actualizado non permite ver flash (5)

Estética coidada, a min gustóume. O splash de inicio e do gdm siguen moi logrados.
Adicionalmente instaléi VLC, wine e virtualbox. OK todo no menú.

Notas:
(1) Durante este tempo hai algún comentario do que está a facer o instalador, son en inglés.
(2) Nembargantes, instalou o paquete xserver-xorg-input-wacom.
(3) Xsane non está en galego, as axudas tampouco; aparecen en español.
(4) Samba "apuntóuse" a workgroup pola súa conta. Mágoa que o meu grupo de traballo non se chame así.
(5) Instalo os paquetes-plugins libres swf, pero siguen sen poder verse.
(6) Mesmo despóis de instalado, segue a aparecer a opción de instalar no menú principal. Descubrín que era "ubiquity" e quitéillo.
(7) Proseguiréi "destrozando" e probando como "elefante en cacharrería": flash-non-free :-(, drivers nvidia-non-free ¬¬, quitar cousas ...

Trisquel
Offline
Beigetreten: 12/21/2004

1: Intentaremos traducilas.
2: Non temos unha wacom para facer probas, se consegues arranxalo, cóntanos cómo.
3: Máis cousas para traducir... :)
4: Intentaremos engadir un campo para o grupo durante os datos de instalación.
5: O único usable e gnash, e de momento está lonxe de ser perfecto.
6: Temos que intentar que se desinstale só despois da instalación, anotado.
7: ¡Que o disfrutes! Se fas algún cambio que te parezca unha mellora sustancial, avisa, e miraremos de incluílo.

¡Gracias pola análise! :)

xiseme
Offline
Beigetreten: 01/14/2007

Grazas polo comentario. Ben traído.
Coma ti en Debian, ben coa wacom.
OpenSuse-11 (kernel 2.6.25) detectaba e configuraba pero mal, ata que deseguido aparecéu versión correxida do kernel e todo perfecto.
Aquí temos o 2.6.24 pero claro se se basa en ubuntu (eu non a uso) .......

Gatonegro
Offline
Beigetreten: 04/08/2007

Ola,

Eu probei Trisquel 2.0, Ubuntu Studio 8.04 e Ubuntu 8.04, e ningunha
delas recoñece a tableta Wacom Graphire 4 que teño. Mais
concretamente, crean os dispositivos /dev/input/wacom pero cando tento
usa-lo programa wacdump das wacom-tools pra comprobar que lee os datos
da tableta, da un erro de segmento ou non lee datos nengúns.

Probei a actualiza-lo kérnel a outras versións (con realtime, sen
realtime), e non hai xeito. O curioso é que arrancando a Trisquel 2.0
dende o Live CD sí que detecta a tableta como se fose un rato externo
(isto é, podo move-lo punteiro e facer clique. Lóxicamente non está
configurada pra posicionamento absoluto, presión, etc.) Teño a
sospeita que se trata dalgún problema do kérnel, pero non estou
seguro.

(Nembargante, na Debian tanto Etch como Sid sí que recoñece
correctamente a tableta. Agora mesmo téñoa configurada empregando o
linux-kernel-2.6.25-2-i686.)

Conclusión: o problema da Wacom non é de Trisquel directamente, senón
da Ubuntu (e compárteo, sorprendentemente porque en teoría é unha
distribución optimizada pra deseño gráfico entre outras cousas, a
Ubuntu Studio). Supoño que será ou do kérnel ou de algo que é
suficientemente común a estas tres variantes de Ubuntu como pra que o
comportamento sexa o mesmo (pero non no Live CD de Trisquel).

Agardo que esta infromación valla de algo.

Denís.

2008/8/1 <name at domain>:
> 1: Intentaremos traducilas. 2: Non temos unha wacom para facer probas, se
> consegues arranxalo, cóntanos cómo. 3: Máis cousas para traducir... :) 4:
> Intentaremos engadir un campo para o grupo durante os datos de instalación.
> 5: O único usable e gnash, e de momento está lonxe de ser perfecto. 6:
> Temos que intentar que se desinstale só despois da instalación, anotado. 7:
> ¡Que o disfrutes! Se fas algún cambio que te parezca unha mellora
> sustancial, avisa, e miraremos de incluílo. ¡Gracias pola análise! :)
>
> _______________________________________________
> Trisquel-usuarios mailing list
> name at domain
> http://trisquel.uvigo.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trisquel-usuarios
>

--
Denís Fernández Cabrera
mailto:name at domain
http://gatonegro.ceibes.org
_______________________________________________
Trisquel-usuarios mailing list
name at domain
http://trisquel.uvigo.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trisquel-usuarios