Vergoñento! A Xunta de Galicia compra licenzas de Microsoft por 2,2 millóns de euros.

6 Antworten [Letzter Beitrag]
anonymous

Pois nisto quedaron as promesas de Feijoo de apostar polo software libre:

http://www.xornal.com/artigo/2009/06/05/polItica/contrato-da-xunta-microsoft-fraude-segundo-sector-do-softwar/2009060501445943443.html

Vergoñento é dicir pouco.

quidam

I am a member!

I am a translator!

Offline
Beigetreten: 12/22/2004

On Sun, 7 Jun 2009 00:06:12 +0200 (CEST)
name at domain wrote:

> Pois nisto quedaron as promesas de Feijoo de apostar polo software libre:

Estamos en xornada de reflexión, e este foro é para falar de Trisquel,
non da política local.

Con respecto o lamentable feito que comentas, e sen quitarlle peso o
erro que supón, lembra que o contrato o iniciou o bipartito o último dia
antes do cambio -por procedemento urxente-, e que a necesidade de
renovar licencias indica que os anteriores non fixeron migracións.

Resumindo, a nova xunta non está a facer nada polo software libre,
continuando co traballo da vella. Mal vamos.
_______________________________________________
Trisquel-usuarios mailing list
name at domain
http://listas.trisquel.info/cgi-bin/mailman/listinfo/trisquel-usuarios

abe (nicht überprüft)

>Estamos en xornada de reflexión, e este foro é para falar de Trisquel,
non da política local.

Non estou ao tanto de cando hai eleccións; non me parece que un día calisquer sexa máis ou menos axeitado que outro para comentar este feito. Non tiña nin idea de cando eran eleccións, logo malamente podía escribir co animo de afectalas.

Creo que neste foro non só se fala de Trisquel senón do software libre en xeral. Creo o post é do máis pertinente.

>lembra que o contrato o iniciou o bipartito o último dia
antes do cambio

Pois moi mal o bipartito e moi mal istes coas promesas firmes (firmes?). Non sei se os outros se posicionaran no seu momento respecto do software libre, os que están agora si o fixeron. As siglas tamén me teñen sen coidado.

>Resumindo, a nova xunta non está a facer nada polo software libre,
continuando co traballo da vella. Mal vamos.

Certamente.

aitux
Offline
Beigetreten: 02/11/2009

Odio la hipocresía y la estupidez de los políticos, en plena crisis y los tíos gastándose 2.2 millones de euros en sucias y inservibles licencias pudiéndolos invertir en proyectos mucho más productivos, da pena la verdad.

zenbaki
Offline
Beigetreten: 02/05/2009

En xeral así son as políticas dos gobernos. Réxense por normas deste sistema; non podemos pedirlle peras ao olmo.
Está en nós ser máis agresivos, no sentido de participar levando adiante máis iniciativas en favor do software libre.

abe (nicht überprüft)

>En xeral así son as políticas dos gobernos. Réxense por normas deste sistema; non podemos pedirlle peras ao olmo.
Está en nós ser máis agresivos, no sentido de participar levando adiante máis iniciativas en favor do software libre.

É certo que non podemos agardar grandes cousas dos políticos; pero de cando en cando teñen algún xesto, e no caso do software libre a actual xunta tiña a oportunidade de facelo. Xestos, que non solucionan o problema de fondo, pero son agradecidos polos que traballan a cada día por unha política (no sentido máis amplo) máis xusta no eido do software. E o mesmo é aplicable a calquera outro aspecto da vida.

Entendo o que dis de sermos máis agresivos no sentido de sermos radicais e facer as menos concesións posibles. É o único camiño. Alédame ver que aínda que os políticos seguen a facer as cousas ao seu xeito hipócrita e insolidario a comunidade medra día a día.

Un saudo!

zenbaki
Offline
Beigetreten: 02/05/2009

Abe: Estou de acordo co que ti dis.
Particularmente moitas veces lévome a sorpresa de que o que ao meu criterio debería estar ben claro noutros (neste caso nos que toman decisións) e que a partir de alí deberían actuar en consecuencia, non é tan así. Desmoraliza un pouco, pero ao mesmo tempo leva a non durmirse, a crear, a golpear portas.
Eu tamén estou de acordo con que moitas decisións tómanse equivocadas por mero descoñecemento, non todo é corrupción, e sumando esforzos é posible cambiar un pouco o rumbo.
Cada cal na súa contorna ten diferentes posibilidades. Eu estou nunha pequena Institución e desde ela en breve comezaremos a difundir o pouco que sabemos en relación ao hardware e ao software e utilizaremos Trisquel GNU/Linux.
Un cordial saúdo.