Trisquel no Akoya Mini - porblema coa web cam
Ola!
Ante todo parabéns pola criatura!
Acabo de instalar no meu Akoya o Trisquel seguindo este tutorial (para ubuntu lts)
http://www.todoultraportatiles.com/howto-instalar-ubuntu-8-04-en-el-medion-akoya-mini-t441.html
e vai que mete medo. A cousa, eso si, é que a cámara non vai;
sudo apt-get install subversion
svn co svn://svn.berlios.de/linux-uvc/linux-uvc/trunk
cd trunk
sudo make
sudo make install
sudo mv /lib/modules/$(uname -r)/ubuntu/media/usbvideo/uvcvideo.ko /lib/modules/$(uname -r)/ubuntu/media/usbvideo/uvcvideo.ko.original
sudo cp uvcvideo.ko /lib/modules/$(uname -r)/ubuntu/media/usbvideo/uvcvideo.ko uvcvideo.ko
cando chego á parte de $ sudo make dime que non recoñece o comando make
ideas...
Gracias
PD/ Polo demais xa digo que vai xenial, de feito estou escribindo nel e mandando isto via wifi.
Tes que instalar o paquete build-essential, e probablemente os headers do kernel:
sudo apt-get install build-essential linux-headers-generic
Ola de novo!
Xa vai o make. Desgraciadamente a cámara non traballa, pero non por cousa do Trisquel, senón pola camariña que é ela un pouco rara e non atopo xeito de configurala, espero que nos foros sobre o akoya mini atopen solución.
Gracias pola axuda de todos xeitos, vexo que isto marcha e eu dende logo sigo co trisquel malia o comtratempo.
Unha aperta!
Ola de novo.
Pois non sei sé moi normal, dado os problemas que tiña por ahí a xente, pero ó final coa actualización do kernel ó 2.6.24-23 xa traballa a cámara. Igual era que andaba desfasado eu (era a miña primeira actualización de kernel).
Xa está funcionando todo ó 100%.
Unha aperta!