Trisquel na Galipedia
Ola!
Só comentar que engadín unha reseña sobre Trisquel GNU/Linux na galipedia, na páxina de Ubuntu, onde fala das distribucións recomendadas pola FSF.
Ao día seguinte alguén se molestou en trocar o elo que tiña a esta páxina por un elo ao artigo na propia galipedia, ou sexa: que se tomou a molestia de traducir a entrada para Trisquel, que existía en Castelán pero non en Galego.
Neste outro artigo -agora xa o de Trisquel propiamente-, puxen os idiomas que faltaban e fixen a ligazón á páxina en Galego (pois tiña a de Castelán, e non me parecía moi coherente). Tamén apuntei o último nome da versión, Robur.
Non son partidario da Wikipedia para nada, pero penso que a Galipedia, ata onde eu sei, ten un pouco de xeito, e calquera achega é benvida, digo eu.
Se alguén quere ampliar os artigos ou facer outras entradas noutras Wikis penso que estaría ben.
Unha aperta!
> Se alguén quere ampliar os artigos ou facer outras entradas noutras Wikis penso que estaría ben.
O ideal sería traducir o artigo da wikipedia en inglés
(http://en.wikipedia.org/wiki/Trisquel), que é máis completo. Ademáis, a
versión española ten varias incorrecións e está desactualizada.
¿Alguén se anima?
_______________________________________________
Trisquel-usuarios mailing list
name at domain
http://trisquel.uvigo.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trisquel-usuarios
Feito:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Trisquel_GNU/Linux
Agora por favor botádelle un ollo, correxide grallas e, se podedes, ampliádeo, xa que eu carezo de coñecementos informáticos para certas cuestións -mesmo de edición na propia Galipedia-.
Tendo a traducir "free" por "libre", e "release" como verbo por "ceibar", penso que é o máis correcto, pero para gustos xa se sabe: a tradución non é tampouco unha ciencia exacta...
Que alguén poña unha fotiño e un elo á entrada en inglés!
Unha aperta!
PD: Alemán, francés... ;)
Yo me presto voluntario