Desactivar taxera gráfica integrada.

No replies
ANdroxeros
Offline
Joined: 06/07/2010

Eu teño dúas tarxetas gráficas, unha Intel integrada e outra nVidia dedicada. Hai bastante tempo neste foro xa plantexei a problemática de ter as dúas para xogar, que resulta que o kernel só escollía a que menos consumía e por ese motivo os xogos non me lían a tarxeta [por iso en windows córrenme perfectamente, pero en Linux só me van aqueles con calidade gráfica pésima]. Dixéronme que se esperaba mellorar para o seguinte kernel, polo que me gustaría saber se alguén me pode axudar agora, se teño que seguir agardando, se hai algún xeito de desactivar a intel e deixar so a nVidia, e se por exemplo o proxecto "Bumblebee" me axudaría correctamente no que quero. [Teño entendido que serve para desactivar por exemplo a tarxeta dedicada mentres non se precise para non consumir e non quentar o ordenador demasiado, pero serviría para o revés?]