Grabadora LG falla en Awen

No replies
mcamel
Offline
Joined: 01/24/2010

Ola,

Acabo de cambiar o PC por un de Alternate (Systea Opal A101 S3AY07) e instalei Trisquel 3.5 Awen dende cero. Vai todo perfecto excepto a gravadora: é unha LG SATA HL-DT-ST DVDRAM GH22NS50 TN01.

Como lectora traballa ben, pero ó gravar fai cousas raras como gravar a 0.3x (tanto se lle digo 16x coma con 'Velocidade máxima') e sempre da erro de gravación, tanto con Brasero coma con K3b.

Probei coa gravadora doutro PC igual ó meu e pasa o mesmo, e a miña gravadora nese PC (Debian Lenny) vai ben, polo tanto é o software. Unha cousa que vimos foi que Debian usa 'sr_mod' e non fomos capaces de engadir ese módulo a Trisquel (tampouco estou seguro de que esa sexa a razón).

¿Ocórresevos cal pode ser o problema?.

Saúdos.