Viva o multilingüismo
Por motivos que non fan o caso, considero que cada usuario debe
traballar coa sua ferramenta na lingua que lle pete. Polo tanto, como o
computador tamén é unha ferramenta, tamén debe estar na lingua que o
usuario prefira.
Nos tempos remotos resultaba problemático incluso escribir caracteres
españois, e os usuarios tiñamos que escribir na liña de mandatos do DOS:
C:\>KEYB SP
¿Alguén é vello de abondo para lembralo?
Moito andouse dende aqueles tempos, e na actualidade os sistemas
operativos permiten cambiar a súa lingua en apenas un minuto ou dous.
Pero hai quen chegou máis lonxe, e hai aínda pouco tempo que hai
sistemas permiten ao usuario escoller a lingua na que quere traballar en
cada inicio de sesión.
E incluso hai quen chegou alén diso, e hai sistemas que permiten o
inicio de sesión de diferentes usuarios con candansúas linguas.
Trisquel é destos últimos. Podemos iniciar unha sesión en español e outra
en galego.
Para traballar en empresas, éste é un avance fenomenal.
1. Cos computadores multilingües permitimos que cada usuario dispoña da
ferramenta na lingua que queira (independemente de que logo teña que
redactar documentos en linguas distintas).
2. Se ademáis a lingua da interface e doada de cambiar, iso facilita as
cousas cada vez que un ordenador é cambiado de usuario.
3. Se ademáis o cambio da lingua de interface non necesita instalar nen
desinstalar nada, e simplemente faino o usuario nun menú, evítase que o
profesional informático teña que encargarse.
4. E ademáis de todas estas avantaxes de uso, hai unha moi importante para
o persoal de informática... pódense preparar tódolos ordenadores cunha
mesma configuración, xa non hai que preguntar ao usuario en qué idioma o
quere e despois instalar ou desinstalar cousas.
Trisquel ten todas estas avantaxes. E específicamente, ten todas
estas avantaxes para os idiomas español e galego (e uns cantos máis).
Por este motivo é moi axeitado para entornos laborais en Galicia, e
especialmente para administracións públicas.
_______________________________________________
Trisquel-usuarios mailing list
name at domain
http://listas.trisquel.info/cgi-bin/mailman/listinfo/trisquel-usuarios