Hola a todos
Hola a todos.
Hai pouco que coñezo Trisquel, e quería presentarme ante vosoutros.
Son un habitual de Ubuntu e buscaba algo mais "enxebre".
Ata que atopei Trisquel, que creo que pode ser o que andaba buscando, precisamente.
A partir de agora espero facerme un habitual por estes lares.
Xa os irei contando diversos proxectos que teño en mente, como a páxina web betlinux.com, que tratará o tema das apostas deportivas e Linux, así como outras cousas.
Por certo, vexo que aquí hai usuarios que non son galegos, ¿deberíamos escribir en castelán por respeto a eles, ou non importa?
Moitas gracias por todo o traballo que dedicades a que esta distribución salga adiante.
Un abrazo.
Hola jbellas, benvido!
> Son un habitual de Ubuntu e buscaba algo mais "enxebre".
Máis enxebre non sei, pero máis libre si que é.
> Xa os irei contando diversos proxectos que teño en mente, como a páxina web betlinux.com, que tratará o tema das apostas deportivas e Linux, así como outras cousas.
Non vexo a relación entre as duas cousas. De tódolos xeitos, "linux" é
un kernel, e como coido que refíreste con ese nome o sistema
operativo, deberas de chamalo polo seu nome que é GNU. Coma o
kernel de GNU non funciona todavía -e empregamos Linux no seu lugar-
podes chamalo GNU/Linux, coma en "Trisquel GNU/Linux".
> Por certo, vexo que aquí hai usuarios que non son galegos, ¿deberíamos escribir en castelán por respeto a eles, ou non importa?
Temos xente de todo o mundo fedellando por aqui. :) De momento o foro e
multilingue, fala no que estés máis cómodo. Se a comunidade segue
medrando pronto faremos foros e listas de correo en diferentes idiomas.
_______________________________________________
Trisquel-usuarios mailing list
name at domain
http://listas.trisquel.info/cgi-bin/mailman/listinfo/trisquel-usuarios
Hola.
Non é que teñan que ter relación as apostas deportivas e GNU/Linux.
Tan só me refiro a que non atopo nada neste sistema operativo que traballe tanto as apostas como as quinielas deportivas e quería facer algo no sistema do pingüín.
Cando falo de "Linux", é porque así está establecido de maneira máis común, aínda que sei que non é o mais acertado, por linux, como tal, tan só é o kernel, como ti ben dis.
Saúdos.
> Non é que teñan que ter relación as apostas deportivas e GNU/Linux.
>
> Tan só me refiro a que non atopo nada neste sistema operativo que traballe tanto as apostas como as quinielas deportivas e quería facer algo no sistema do pingüín.
Pois non sei, pero tras unha consulta rápida o repositorio de paquetes
atopei un motor de xogo de poker en python (python-poker-engine).
E por certo, somos o sistema do ñú };-)
> Cando falo de "Linux", é porque así está establecido de maneira máis común, aínda que sei que non é o mais acertado, por linux, como tal, tan só é o kernel, como ti ben dis.
Por iso hai que coidar de dicilo ben, para que o erro non se manteña. :)
_______________________________________________
Trisquel-usuarios mailing list
name at domain
http://listas.trisquel.info/cgi-bin/mailman/listinfo/trisquel-usuarios
Xa....pero a mín o poker como que non me vai moito non.....eu son mais futboleiro ;-)
En canto a como dicilo....¡uf!....hai cousas que están moi arraigadas na sociedade, moito, e o nome de Linux é unha delas.
> En canto a como dicilo....¡uf!....hai cousas que están moi arraigadas na sociedade, moito, e o nome de Linux é unha delas.
O proxecto GNU e o software libre naceron para cambiar algo moi
arraigado e negativo: o software privativo. Estámolo a lograr, así que
se pode levarse a cabo un cambio tan grande coma ese, canto máis poderá
trocarse a forma na que a xente chama a GNU/Linux.
De feito, Trisquel nin sequera emprega o kernel Linux tal cal é
publicado, porque inclúe inaceptables pezas privativas. Por eso
empregamos Linux-libre, unha versión éticamente correcta.
_______________________________________________
Trisquel-usuarios mailing list
name at domain
http://listas.trisquel.info/cgi-bin/mailman/listinfo/trisquel-usuarios
Unha curiosidade....¿non sería mais "normal" basearse en Debian directamente, en vez de en Ubuntu, por aquilo do software privativo, precisamente?
> Unha curiosidade....¿non sería mais "normal" basearse en Debian directamente, en vez de en Ubuntu, por aquilo do software privativo, precisamente?
Trisquel naceu antes ca Ubuntu, e empregábamos Debian coma base. Pero
con Debian nunca sabes cando vai a sair a próxima versión, o que
complica moito facer unha derivada.
_______________________________________________
Trisquel-usuarios mailing list
name at domain
http://listas.trisquel.info/cgi-bin/mailman/listinfo/trisquel-usuarios