Editar fstab

3 replies [Last post]
LaicaNuru
Offline
Joined: 01/16/2007

Boas

Por fin logrei instalar Trisquel a vez que WinXP (teño aberto un error no Buggzilla, erro 98, por un problema co editor de particions a hora de instalalo).

O caso e que agora edito o fstab para poder separar /boot nunha particion e /home noutra independentemnte da particion de / e o problema é que o reiniciar pra que teñan efecto os cambios, o fstab volve a poñerse como estaba orixinalmente, polo que se reinicio unha segunda vez, xa non me aparecen separadas.

Ousexa, o fstab aparece asi orixinalmente:

/var/swap swap swap ...
/etc/hda1 /mnt/hda1 ext3 ...
/etc/hda2 / ext3...
/etc/hda3 none swap ...
/etc/hda4 /mnt/hda4 ...
/etc/sda1 /mnt/sda1...

Editoo pra que quede:

#/var/swap swap swap ...
/etc/hda1 /boot ext3 ...
/etc/hda2 / ext3 ...
/etc/hda3 swap swap ...
/etc/hda4 /mnt/hda4 ntfs ...
/etc/sda1 /home ext ...

Reinicio e inicise Trisquel asi, pero se miro o fstab volve a estar como o inicio, polo que o volver a inciar xa non me aparecen asi as particions.

O iniciar Trisquel hay algunha utilidade que restaura arquivos de sistema ou algo asi?

Trisquel
Offline
Joined: 12/21/2004

Certamente. O script rebuildfstab (adaptado de knoppix), encárgase de manter actualizado o fstab. Se queres que o script non se execute, move o arquivo /etc/rcS.d/S60rebuild-fstab a /etc/init.d/rebuildfstab

LaicaNuru
Offline
Joined: 01/16/2007

Boas

Moitas gracias por contestar tan axiña, sento ser tan pesado.

Trisquel
Offline
Joined: 12/21/2004

Non te disculpes, o contrario, sentímolo nos por non ter máis documentación.