Imaxe dos paquetes dispoñibles en CD

2 replies [Last post]
Luis
Offline
Joined: 02/02/2007

Teño un portatil, e claro ven con o modem integrado na placa, co cal xa sabemos o que pasa que é un winmodem é Linux non o identifica como modem.

Aínda teño pendente o tema de instalalo, xa sei que é un atraso andar con modem, pero mentras que non teñamos TODOS acceso a internet de banda ancha eche o que hai.

O problema que teño é para instalar os paquetes lóxicamente preciso conexión a internet, xa que os paquetes que en principio preciso seica son : sl-modem-daemon_2.9.9a-1_i386.deb, non se atopan no Cd de Trisguel. Digo eu, si na casa non podo acceder a internet cabía a posiblidade de baixar os paquetes dispoñibles para cada versión cunha imaxe de CD, xa que este problema que agora teño có modem tereino tamén coa instalación doutros paquetes, máis tendo en conta a velocidade do modem. ( 56k.), có cal sería moi lento e custoso actualizalo sistema, creo que sería unha mellora interesante para os usuarios coa conexión a internet en precario.

Saúdos e noraboa polo voso traballo

Trisquel
Offline
Joined: 12/21/2004

Trisquel non inclúe sl-modem pois non é software libre. O consello e que empregues un módem para porto serie (máis fiable e compatible). Se prefires usar sl-modem, os paquetes que precisas son dous: o daemon e o source do driver. Engadirei unha entrada no wiki sobre como facelo.

Trisguel 1.0 é a primeira versión estable, que terá periodos fixos de actualización de 6 meses. Cando saia Trisguel 1.5 en agosto, publicarase como un cd live e tamén un repositorio de paquetes dn CD. Na actualidade un CD de debs de Trisguel non ten moito sentido, pois os debs xa están preinstalados no cd live. Pero se queres podes empregar os cd's de Debian 4.0 (testing), que son os mesmos repositorios que leva trisquel para os paquetes extra.

Recoméndote os DVD, porque en cd son 21. Poden baixarse da web de Debian.

Luis
Offline
Joined: 02/02/2007

Grazas pola resposta, baixarei os paquetes e xa comentarei se rulan.