Lilo
Tiña instalado windows xp nun disco rixido d: e posteriormente instalei trisquel noutro disco rixido c;. E no arranque non me ofrece a opción de arrincar windows. Por se importa algo o sistema de arquivos é en windows NTFS e o de trisqueL .xfs. A partición de windows fixena co partition magic e a de trisquel co progroma que ven por defecto.
Que se pode facer?
Grazas.
Parece que o instalador non detectou correctamente o windows. Podes engadir manualmente a entrada facendo o seguinte:
sudo gedit /etc/lilo.conf
O final do arquivo, engade esto:
other=/dev/hda1
label=Windows1
Tes que sustituir hda1 polo dispositivo correspondente a tua partición de windows.
Pra rematar, executa lilo
sudo lilo