Trisguel non pasa do menu

2 replies [Last post]
lunet
Offline
Joined: 04/24/2007

Boas¡¡¡

Teño baixadas as 3 versións do Trisquel (Trisguel/Triskel/Trisguel PEME), polo de agora probei Trisguel e Triskel. Pero no meu ordenador só consigo arrincar en modo live o Triskel. A outra versión cando tento arrincala en modo live ou instalala no disco duro pasa a 1ª barra de instalación(sae tux na esquina inferior dereita), pero logo diso quedase en gris a pantalla, non lee nada do CD (ata ese momento si que lee). O Trisguel teñoo ben baixado posto que no ordenador do traballo(menos potente que o meu) vai perfectamente, incluso coa interfaz 3D. Teño probado cunhas opcións avanzadas que a axuda indica que se coloquen cando se queda pillado o sistema (noacpi e gdth=disable:y) pero nada.

O meu ordenador
----------------

AMD Athlon 64bits 3400+
2 GB RAM DDR
2 H.D. SATA (160GB/320GB)
Tarxeta gráfica ATI Radeon 9600 256MB

-----------------

No ordenador do traballo tamén notei que manexando Trisguel en modo live có entorno 3D quedaseme colgado o rato (só o rato, o resto vai perfectamente) cada dous por tres.

Non sei se estes problemas os tedes solucionados no foro (boteille unha ollada e non atopei nada) ou se poderiames indicar algun howto ou manual para tentar solucionalo.

No meu equipo xa tiven instalado Debian, Ubuntu, Guadalinex, Gnix, Knoppix, Fedora Core... e penso que algunha máis e nunca me deron este problema nin live cds nin instalando.

Grazas

Trisquel
Offline
Joined: 12/21/2004

Parece un problema de detección de gráfica (lévase algo mal coas ati), proba o modo a proba de erros. Estamos a traballar neste tema.

lunet
Offline
Joined: 04/24/2007

OK, probarei¡¡¡

Graciñas
........................................................................lunet
http://www.esteirositi.tk