Activar teclas de función
Ola,
Teño instalado o trisquel nun portátil toshiba satellite m40-285, pero non me funcionan as teclas Fn + F. Alguén sabe como se pode facer para que estén activas outra vez. En particular estou interesado no cambio de pantallas (LCD, monitor, as duas).
Moitas Grazas e Saúdos
J.Antonio
Proba os paquetes toshutils e toshset, e os módulos de kernel toshiba e toshiba_acpi (cárganse con "sudo modprobe toshiba toshiba_acpi").
Polo visto o toshiba satellite m40-285 ten un bios phoenix, polo que para activar as teclas de función necesito instalar o paquete omnibook. Como podo facer para instalar o modulo omnibook en trisquel?