WiFi
Ola, teño un problema co WiFi.
Lin e probei todo o que no foro está escrito sobre isto, pero ou ben me di que ese directorio non existe ou directamente... nada.
Un saúdo e gracias.
Alonso Caxade
¿Qué tarxeta wifi tes? Podes comprobalo cos comandos "lspci", "lsusb" e "lspcmcia" para dispositivos pci, usb e pcmcia respectivamente.
Desculpa, pero non o debo de facer ben, porque cando introduzo o que me dís na terminal dime que non se atopa ese comando.
Por ser serve de algo, é un dos tantos pcs portátiles Dell que a Consellaría de Educación enviou a finais do ano pasado aos centros educativos (LATITUDE D820).
Un saúdo e gracias,
Alonso Caxade
Ese modelo leva unha tarxeta intel 3945, que precisa dun driver privativo. Non recomendamos o seu uso e non lle damos soporte, disculpa as molestias.
Tampouco vai ser posible utilizando o 1.5?
Cal sería a solución para que poidamos seguir utilizando trisquel no noso centro e máis para que nos podamos conectar á internet a través de WiFi?
Moitas gracias,
Alonso Caxade
Non é que con Trisquel non se poda facer, pois esta baseada en Debian e poden aplicarse exactamente as mesmas solucións (incluidas as de ubuntu tamén), pero por motivacións éticas non podemos recomendar o uso dun software privativo, e moito menos distribuilo. A nosa recomendación e empregar outro hardware que non precise de software privativo.