problemas windows-linux?

5 replies [Last post]
lois
Offline
Joined: 04/26/2007

Ola,

Instalei trisquel compartido o portátil con windows, de momento. Tamén estiven facenco reparticionamento e reinstalando arrancadores: grub, lilo.
Agora cando escollo trisquel no arranque antes de entrar na pantalla do SO aparécenme un mensaxe como:

Thera are diferences between the boot sector and its backup.
offset:original/backup
65:01/00
aínda que despois funciona pero resulta moi molesto e lento na carga.

Podedes axudarme? grazas.

Trisquel
Offline
Joined: 12/21/2004

Proba a executar de novo o lilo (con "sudo lilo" na consola). Se dá algunha mensaxe de erro, escríbea aqui.

lois
Offline
Joined: 04/26/2007

Agora mesmo teño instalado o grub e dáme medo volverme a meter con trocos. Envioche o que me sae no grub executando"sudo grub"por se che serve. Grazas e saúdos.

[ Minimal BASH-like line editing is supported. For
the first word, TAB lists possible command
completions. Anywhere else TAB lists the possible
completions of a device/filename. ]

lois
Offline
Joined: 04/26/2007

Ola,
Decateime de que o problema estaba nunha partición agochada de windows desde onde podes restaurar os SO sen CDrom. Non sabía como pasarlle o scandisk a esta partición pero buscando en internet un arranxo atopo que nos foros de Ubuntu é un tema moi tratado e alí atopei a solución, ou iso creo.
Desde a consola de Ubuntu executei:

sudo umount /dev/sda1 (sda1 é onde está a miña partición problemática)
sudo fsck.vfat -ar /dev/sda1

Tras este segundo comando dame dúas opcións:
1.backup to original
2.original to backup

Escollín a 1ª por ser a que recomendaban no foro e a mensaxe de erro desapareceu.
Que pensades, está solucionado, serían os mesmos comandos desde a consola de trisquel? Un saúdo.

Trisquel
Offline
Joined: 12/21/2004

Investiguei un pouco máis. Normalmente este erro prodúcese durante o arinque, no momento de facer ó análise previo á montaxe dunha partición fat32 corrupta. Pásalle o scandisk dende windows a tódalas particións fat32 a ver se mellora.

Fonte:
http://ubuntuforums.org/showthread.php?t=32531
(o de cambiar 1 por 0 no fstab non é unha solución, evita o escaneo da partición, pero seguirá rota.)

Trisquel
Offline
Joined: 12/21/2004

Boa solución, paréceme moi correcto. Trisquel e Ubuntu estan baseados en Debian, asi que case todos os comandos son comúns.