Pantalla negra

4 replies [Last post]
galcet
Offline
Joined: 03/13/2007

Onte instalei o trisquel 1.0 de novo no meu portatil, todo ia caralludo cando o facer todas as actualizacións de sw e reiniciar o pc este queda colagado nun punto...

Explicome:
Instalo todas as actualizacións.
Logo reinicio pc.
Cargase a pantalla de inicio do trisquel ca barra de carga ascendendo...
E logo de iso... nada pantalla en negro e o disco duro cada pouco fai un amago de querer traballar pero iso é todo... só teño unha pantalla negra

Que pasou??? cal é o erro...

Grazas, hoxe estou descargando o Trisquel 1.5. Nun portatil con un intel de 1Ghz e 256Mhz de Ram con 30Gb de disco duro ira tinrando nonsi¿? Saude!!!

dvprieto
Offline
Joined: 11/08/2007

Boas,

a min indícame que hai 112 actualizacións para levar a cabo, e entre elas indica a eliminación de Trisguel, polo que non fixen as actualizacións. Pode que fose o que te pasou...
Con respecto ás características do teu pc, eu o teño instalado nun portátil desas características e vai moi ben.

galcet
Offline
Joined: 03/13/2007

Ostras!!! eliminación de trisquel???? pero logo que clase de actulizacions son esas????? iso que é un erro, un bug, ....¿? non entendo como facendo unhas actulizacións podes encurrir na eliminación do sistema...si é iso pouca confianza me da entón isto eh... haber haber...

Trisquel
Offline
Joined: 12/21/2004

O sistema de actualizacións de trisquel só funciona se se manteñen as configuracións do sources.list ou se modifican de xeito compatible. En caso contrario, poden producirse erros de dependencias que provoquen que se desinstale o paquete trisquel (que non o sistema operativo). Dito paquete é un metapaquete baleiro, que manten como dependencias todos os compoñentes que conforman a distro.

Eliminar o repositorio de trisquel da lista, engadir repositorios de terceiros, ou modificar as regras de pinning non son cousas recomendables salvo que sepamos o que facemos.

Se debido a un erro se desinstalara o paquete trisguel, pode arranxarse reinstalandoo e depurando as dependencias.

galcet
Offline
Joined: 03/13/2007

Pois hai esta o caso que eu non lle toquei ao source.list, en serio, non modifiquei nin unha coma...

Instalei o Trisquel, escribin unha carta co openoffice e logo collin e instalei todas as actulizacións que me indicaba o equipo...

Bueno, non sei o que pudido pasar...ser non é normal... e de verdade que non lle toquei para nada o source.list ; o extrano e que isto só me pasara a min ¿? raro nonsi...

En todo caso hoxe instalo a versión 1.5

Saudos e Grazas haber como me vai...