cambio ubicacion carpeta home

1 risposta [Ultimo contenuto]
JoseM PN
Offline
Iscritto: 10/20/2007

Hola xa estou de volta, e como non, cheo de preguntas que nalguns casos seran un pouco parvas, pero eu non sei as respostas.
Punto un pido disculpas polo das preguntas encadeadas, asi que unha para aprender.
Bueno o tema, o da particion de home entendoo pero como podo pasar esa particion ou todos os datos para por exemplo unha memoria usb ou outro disco duro, e que esa vinculacion sexa permanente.

Gracias polas respostas.

xiseme
Offline
Iscritto: 01/14/2007

Ubicar o /home nun dispositivo non permanente coma un usb, non sei se será boa idea, porque non se montan do mesmo xeito que un disco duro no fstab (*) De todos os xeitos, tampouco se me ocorre para que se pode precisar que sexa así: non é obrigado que os datos que se queiran "transportar-compartir" se garden nel.

Cambiar o /home a outra partición enteiriña e exclusiva para el (recomendable) é perfectamente factible no foro, está isto que pode axudar

(*)Agora que o penso ... de crear un punto de montaxe "permanente" no fstab semellante a /dev/sdc0 /home ext3 ... a cousa podería funcionar. Non esquecer que é obrigado formatar o usb nun formato GNU/Linux. Por probar nada se perde ;-)