Editar Grub

3 risposte [Ultimo contenuto]
ANdroxeros
Offline
Iscritto: 06/07/2010

Bueno, non sei se vos alegraredes pola miña tenacidade para empregar Trisquel a pesar dos meus mínimos coñecementos, ou se vos fartaredes da miña ignorancia e do bo número de preguntas que fago xD pero alá vai outra:

Ao actualizar o kernel, no Grub aparéceme que podo arrancar con dous kernels de Linux, o anterior e o actual. Como me resulta bastante antiestético ter o anterior ahí posto [ao cal tampouco podo acceder se quera] gustaríame saber como podo facer para sacalo de ahí.

Moitas grazas.

Khany

I am a translator!

Offline
Iscritto: 04/26/2011

O mellor que podes facer e desinstalar ese kernel se non o vas a empregar. Buscando en synaptic o kernel anterior (para saber o que tes actualmente tecleas "uname -r" nunha terminal)colles e de desinstálalo e logo actualizas o grub con "sudo update-grub2".
Tamén podes empregar un programa parecido a Ubuntu-tweak que é Ailurus, e na pestaña que pon "limpar" xa aparece unha sección que pon "limpar kernels vellos". Para instalalo (este e o repo oficial :) http://tdt.sjtu.edu.cn/ailurus/?page_id=3)
sudo add-apt-repository ppa:ailurus
sudo apt-get update
sudo apt-get install ailurus

Para editar o grub podes facelo dende o arquivo "grub" que está na ruta /etc/default/grub co editor de texto que prefiras (nano, gedit...) e podes facer varios apaños, como editar o tempo de espera (ou quitalo se non usas outro sistema operativo), editar a entrada que prefiras para iniciar o SO por defecto (se tes outros SOs) e moito máis... Aquí tes unha boa guía: http://www.guia-ubuntu.org/index.php?title=GRUB

Outra recomendación que che podo dar e que se queres ter un menú de arrinque bonito, podes utilizar Burg (http://code.google.com/p/burg/), que é unha remasterización do Grub para que quede bonito e ten as mesmas opcións que o Grub (ainda que só vale a pena poñelo se tes máis SOs), fai tempo escribín un manual para instalalo e configuralo aquí: http://vagos.es/showthread.php?t=954758
Ainda teño pendente poñelo na wiki de Trisquel :D

ANdroxeros
Offline
Iscritto: 06/07/2010

Moitísimas grazas! Así dá gusto. Agora mesmo me poño a desinstalar o kernel anterior que realmente non o preciso para ren, e a poñerme a instalar o Burg.

quiro9
Offline
Iscritto: 09/04/2011

por lo que veo te respondieron... igualemente el grub lo tengo en otra direccion que es en /boot/grub/ ahi para editar las particiones visibles es grub.cfg

o mas facil por terminal
sudo /boot/grub/grub.cfg

solo por si no lo encontras happy hacking!