Problemas coa resolución
- Login o registrati per inviare commenti
O que me pasa é realmente extraño. Nun principio usando Triquel como live cd, vese perfectamente con XGL e toda-las suas opcións, quizais un tanto lento. Así que decidín instalalo no disco duro.
Pero, despois de telo instalado, desapareceu o XGL. Bueno tampouco ten demasiada importancia, pensei. Xa que na instalación se recoñecera todo á primeira, e incluso daba unha resolución de pantalla de 1280x1024. Entón puxenme a enredar e topei coa 'Receta' da instalación dos drivers de ATI así que seguín todo-los pasos do wiki como root. Ningún problema, así que reiniciei disposto a seguir investigando porque non tiña XGL coa distro instalada...
E para a miña sorpresa, a resolución menguou ata 1024x768. Así que dirixínme as preferencias de resolución de pantalla (gnome-display-properties no terminal) e resulta que ese é o novo máximo 1024x768. Algo extraño tendo en conta que agora estan instalados os drivers correspondentes a tarxeta ¿non?
Ademais, agora no Menú Principal hay un icono co Panel de Control de Ati (ou iso penso que debería ser) pero ó tratar de abrilo có user sen privilexios de root salta unha pantalla de aviso co seguinte texto:
No se pudo lanzar el elemento del menú
Detalles: Failed to execute child process "fireglcontrolpanel" (No existe el fichero o el directorio
Penso que é normal se trata de usar o comando fireglcontrolpanel que non existe. Nun terminal ó poñer fgl e darlle ó tabulador aparecen fgl_glxgears, fglrxinfo e fglrx_xgamma.
Bueno, pois según eu o vexo quédanme 2 ou 3 solucións:
1.- Reinstalar todo, co transtorno que me supon despois de ter xa todo isto bastante personalizado, o aMule tirando a toda máquina, os marcadores do firefox como a mi me gustan etc... (Esta en últimísimo caso)
2.- Que alguen me diga cal é o ficheiro relacionado coa resolución da pantalla para poder editalo dende o gedit. Parece que ao /etc/X11/xorg.conf non se lle fai caso, porque ahi si q está posta a resolución 1280x1024
3.- Desinstalar os drivers de ATI e voltar á situación inicial. Pero non teño nin idea de como facelo
Así que se alguén me pode axudar en algo agradeceriavolo moito. Un saudo
Proba a engadir esta liña no /etc/X11/xorg.conf, dentro da seccion Device
Option "MergedFB" "false"
Este e un fallo que dan algunhas versións de tarxetas ati, e que está arranxado en Trisquel PeME, e pronto tamen na Trisquel normal.
Proveino, logo fixen CTRL+ALT+Delete para reinicia-las X pero sigue todo igual, aparentemente. Así quedou a sección Device, poño tamén as seccions Monitor e Screen. Que supoño que tamén estarán relacionadas, ainda q eu non as toquei
Section "Device"
Identifier "Xdebconfigurator Card"
Driver "ati"
Option "MergedFB" "false"
EndSection
Section "Monitor"
Identifier "Xdebconfigurator Monitor"
Option "DPMS"
HorizSync 28-50
VertRefresh 43-75
EndSection
Section "Screen"
Identifier "Default Screen"
Device "Xdebconfigurator Card"
Monitor "Xdebconfigurator Monitor"
DefaultDepth 24
SubSection "Display"
Depth 1
Modes "1280x1024" "1024x768" "800x600" "640x350" "640x480" "640x400" "512x384" "400x300" "320x240" "320x200"
EndSubSection
SubSection "Display"
Depth 4
Modes "1280x1024" "1024x768" "800x600" "640x350" "640x480" "640x400" "512x384" "400x300" "320x240" "320x200"
EndSubSection
SubSection "Display"
Depth 8
Modes "1280x1024" "1024x768" "800x600" "640x350" "640x480" "640x400" "512x384" "400x300" "320x240" "320x200"
EndSubSection
SubSection "Display"
Depth 15
Modes "1280x1024" "1024x768" "800x600" "640x350" "640x480" "640x400" "512x384" "400x300" "320x240" "320x200"
EndSubSection
SubSection "Display"
Depth 16
Modes "1280x1024" "1024x768" "800x600" "640x350" "640x480" "640x400" "512x384" "400x300" "320x240" "320x200"
EndSubSection
SubSection "Display"
Depth 24
Modes "1280x1024" "1024x768" "800x600" "640x350" "640x480" "640x400" "512x384" "400x300" "320x240" "320x200"
EndSubSection
EndSection
PD.: Reiniciando tampouco cambia nada aparentemente. E o comando gnome-display-properties segue sen ofrece-la posibilidade de 1280x1024
El Sun, 12 Nov 2006 19:13:36 +0100 (CET)
Neeno <name at domain> escribió:
>
> Proveino, logo fixen CTRL+ALT+Delete para reinicia-las X pero sigue
> todo igual, aparentemente. Así quedou a sección Device, poño tamén as
> seccions Monitor e Screen. Que supoño que tamén estarán relacionadas,
> ainda q eu non as toquei
>
Proba a engadir na seccion "Device" o seguinte:
Option "MonitorLayout" "LVDS,AUTO"
Eu, con esa liña no xorg.conf e o driver ati, tenho 1280x800
/ak
Tampouco funcionou así. Quedábase en negro a pantalla, coma cando pasa a Inactividade, có led en laranxa. Entón o que fixen foi buscar no google
Option "MonitorLayout" "LVDS,AUTO" máis que nada por ver se había alguen co mesmo problema ca min xa resolto.
Nun sitio de ubuntu, despois de engadir esa liña á sección Device, recomendaban tamén facer $ sudo dpkg-reconfigure xserver-xorg
Que parece un interfaz gráfico para reconfigurar o xorg.conf. Digo parece porque cando reiniciei o PC todo se foi ó carallo. Así que nada, optei pola opción cómoda rápida e sinxela. Reistalar trisguel, 10 minutiños e listo agora non teño drivers ATI. Pero para o único que os precisaba era para probar un xogo que requería aceleración 3d. E como non me apetece xogar... pois que lle den a eses drivers.
Gracias a todos pola axuda, pero rendinme. E agora a re-personalizar denovo ;). Un saudo
- Login o registrati per inviare commenti