Tarxeta gráfica nVidia
- Login o registrati per inviare commenti
Teño dúas tarxetas gráficas no meu laptop. Unha nVidia e unha Intel, o problema é que trisquel só me detecta a Intel. Por exemplo para xogar ao Regnum Online tira exclusivamente da Intel, co cal, o xogo vai... tirando a mal, ata o punto de que as texturas dos personaxes non se ven, ou peor aínda, vense algunhas parpadeantes.
Gustaríame saber como facer para empregar a nVidia e tirar dela.
En winbugs eu sei que instalaba os drivers de nVidia e xa tiraba, pero claro... o tema é fuxir dese sistema operativo, e ademáis on empregar drivers privativos...
Moitas grazas.
Déixoche varias páxinas que encontrei, xa que para falar de algo que non controlo moito mellor quedar calado:
http://www.esdebian.org/foro/44931/deshabilitar-tarjeta-grafica-integrada-portatil-dos-tarjetas-graficas
Supostamente en tarxetas gráficas, as intel son as que mellor soporte teñen en Linux, despois Nvidia e por último ATI.
Con Nouveau vaise avanzando, e na rama 3.x do kernel xa deron bos pasos adiante, pero aínda así deixa bastante que desexar.
O maior problema destas empresas é que non liberan o código por mor das patentes que se rumorea que infrinxen no seu código, e por iso non o liberan. E o que teñen as patentes, poden ser boas noutros ámbitos, pero no Software son o peor que hai xunto con Microsoft e Oracle (ou todo xunto, que é o mesmo) xD
Isto último que dixen sobre o do código saqueino deste libro, que recomendo a todo o mundo (aínda que non se lea enteiro, ten capítulos moi interesantes), sobre o software libre:
http://producingoss.ghandalf.org
Pffff, menuda putada. Pois entón como fai a xente para xogar a eses xogos que xogan? xD Porque estiven a instalar outros proxentos, libres ou de código aberto corréndoos como nativos e tamén tiñan carencias nas texturas... A ver se atopo nos foros de ubuntu ou algo información sobre como administrar as dúas tarxetas para xogar... Grazas de todos os xeitos.
E moitas grazas pola recomendación do libro!
Por certo, poderíasme axudar con como se instala Nouveau? Porque non atopo nada e é bastante complexo... ou polo menos máis do que é habitualmente con outros paquetes etc...
- Login o registrati per inviare commenti