Trisquel machaca outros linux

1 risposta [Ultimo contenuto]
fgspon
Offline
Iscritto: 02/10/2007

Estou facendo probas con varios Linux e Veño de instalar Trisquel 1.0 nun disco que tiña instalado Ubuntu linux 6.10 e Suse linux 10.2 (todos eles en particións distintas). Estes últimos conviven perfectamente, pero Trisquel non. Cando instalo Trisquel (exclusivamente na partición 2) desaparecen da pantalla de arranque os outros Linux e se reinstalo o GRUB a partir de Ubuntu volven a aparecer todos, pero só funcionan os dous linux (Ubuntu e Suse) e aparece tamén Trisquel, pero non arranca (queda a pantalla de Trisquel conxelada).
Repetín varias veces o proceso e sempre ocorre o mesmo. Trisquel non arranca a menos que sexa o último en instalarse, e nese caso desaparecen do arranque os demais.

A configuración de particións do disco é:
partición 1: NTFS
partición 2: Trisquel 1.0
partición 3: Suse Linux 10.2
partición 4: extendida
partición lóxica 5: Ubutntu linux 6.10
partición lóxica 6: FAT32
partición lóxica 7: swap

Trisquel
Offline
Iscritto: 12/21/2004

Esta é unha queixa comun nos foros, e estamos a traballar para mellorar a convivencia de Trisguel con outros sistemas libres (GNU/Linux, *BSD, OpenSolaris, etc). Precisamente esta variedade resulta ser o problema, pois resulta moi dificil facer un sistema compatible con todos estes sistemas e variantes. Aceptamos todas as ideas que aportedes!

Pero tamén hai que dicir que o único que estraga é o sistema de arrinque, non a instalación, datos nin configuracións, que quedan intactos.