¿Algún día veremos "Envy" en Trisquel?

3 risposte [Ultimo contenuto]
Xoalde
Offline
Iscritto: 01/02/2007

Ó parecer, fixeron un script en python que permite instalar/desinstalar os drivers (estables), reconfigurar xorg, repasar as dependencias e máis cousiñas. Tan só hai que instalar un paquete .deb
O malo deste asunto é que só funciona en Ubuntu. Pero tratándose dun arquivo "deb" e Trisquel é unha distro baseada en Debian, digo eu (ou pregunto máis ben) non funcionará a cousa en Trisquel?

Páxina deste proxecto Envy

Un saudo.

Trisquel
Offline
Iscritto: 12/21/2004

Puede ser que funcione, todo es cosa de intentarlo, pero no será incluido en la distribución. Trisquel tiene como uno de sus objetivos primarios ser una distribución 100% libre. Envy (que ciertamente es software libre), en Debian se enmarca en la categoría "contrib" es decir, software libre que sirve para hacer que funcione cierto software privativo. Puesto que desaconsejamos el software privativo, incluir aplicaciónes cuya unica finalidad es facilitar su uso es un contrasentido.

En breve se harán cambios en los repositorios que son reflejo directo del rechazo del Proyecto Trisquel hacia software privativo.

Este es un gran tema de conversación, y os invito a tratarlo con detalle en el foro dedicado a miscelanea y software libre

Uxío Teixeira
Offline
Iscritto: 02/14/2007

Con trocos nos repositorios refiretes a eliminar o apartado non libre?.

A min pareceume o apartado non libre do xestor de paquetes é o mellor da distribución. De todos os xeitos esta é o primeiro Linux que instalo e teño todo en windows. De non funcionarme os mp3 e os .rar e ese tipo de software privativo nin se me pasaría pola cabeza usar Trisquel ou calquera outra distribución.

Trisquel
Offline
Iscritto: 12/21/2004

Trisquel non inclue ningun paquete non libre. Os programas que trisquel inclue para abrir formatos privativos tales como mp3, doc, rar, xls, ppt, wmv, mov, e moitos outros, son programas totalemente libres.

O que imos facer é deixar de redistribuir software non libre nos nosos servidores web, pois o seu uso e éticamente indesexable.

O motivo polo que distribucións coma Ubuntu non incluen reproductores de mp3 non é porque dito software sexa privativo, senon porque nos USA existen patentes de software e hai que pagar royalties. De feito Ubuntu inclue software non libre en todos os seus CD's, polo que o motivo non é a liberdade.

Cando dis que o apartado non libre do xestor de paquetes é o mellor de trisquel, ¿a que paquetes te refires?

Respostando a túa pregunta: Si, desactivaremos o mirror de debian nonfree. Pero se queres sempre o podes volver a activar. Calquer intento pola nosa parte de evitar que os usuarios o activen e usen software pivativo sería coartar a súa liberdade para usar software que coarte a sua libredade... ...mmm... ...perdinme :)