arrancando mal....

4 risposte [Ultimo contenuto]
ariadna
Offline
Iscritto: 03/12/2007

Ola! Son novata en Linux e estes días ando probando... Non consigo arrancar o Live CD máis que en modo seguro, pero unha vez no escritorio hai dúas mensaxes de erro: coa xestión de enerxía e que non pudo iniciar HAL. Vin no foro que había outra persoa co mesmo problema (aínda que a mín si me recoñece os discos duros), asi que metin os comandos que dixerades:
lspci -v > /home/trisquel/Desktop/lspci
dmesg > /home/trisquel/Desktop/dmesg
hal-device > /home/trisquel/Desktop/hal
hwinfo > /home/trisquel/Desktop/hwinfo
Os resultados mandovolos ó correo. Direivos que teño o mesmo problema de arranque con outras distribucións (Knoppix 5 e Ubuntu 6, mais non con Knoppix 3.7), e consigo entrar nelas desactivando acpi e/ou bios.
Algunha idea?
Grazas polo voso tempo e esforzo :-))

Trisquel
Offline
Iscritto: 12/21/2004

Tenme pinta de que o erro está na detección automática da tarxeta
gráfica. Cando arrincas en modo a proba de erros, ¿que erro da?
¿reiniciase inmediatamente o rematar de arricar? Podes ver as mensaxes
de arrinque premendo F2.

O modo a proba de erros desabilita o ACPI, o HAL e a detección de
gráfica (usa o driver xenérico VESA). Podes deshabilitar só a detección
de gráfica premendo F6 no menú inicial, e engadindo vga=normal o final
da liña de comandos. (o simbolo "=" está no "¿" do teclado). Se funciona
ben en VESA, podes instalar o sistema, que o arrincar en instalado
manteráse en VESA.

Saúdos.

ariadna
Offline
Iscritto: 03/12/2007

Arranquei como dixeches (vga=normal)e conseguin entrar, mais no escritorio volveron aparecer as dúas mensaxes: Non pudo iniciar HAL, e "Xestión de enerxía: This program cannot start until you start the dbus system service. It is strongly recommended you reboot your computer after starting messagebus". Non me detecta a tarxeta inalámbrica, non sei se os problemas irán por ahí...
Resumindo: con vga=normal arranca dando fallos (igual que en modo seguro, e non se pode iniciar doutro xeito. O Ubuntu vai ben e detecta todo o hardware sen problemas, e a tarxeta gráfica (Intel, integrada na placa)ten aceleración. A ver que se vos ocorre...
Saudiños

Trisquel
Offline
Iscritto: 12/21/2004

Ocórreseme que temos que facer melloras no configurador de tarxetas gráficas. Estamos a centrarnos nesa tarefa agora mesmo. Esperamos ter un sistema máis robusto en breve. Sinto non poder darte mais axuda sen ver o pc máis de cerca. :(

ariadna
Offline
Iscritto: 03/12/2007

Ok. Seguirei o voso desenrolo a ver se vai mellorando a cousa. Ánimo e grazas polo voso traballo.