¿Podo arranxar unha instalación de Trisquel?

1 risposta [Ultimo contenuto]
gustavo
Offline
Iscritto: 05/17/2007

Hola amigos, acabo de rexistrarme no foro, pero levo utilizando o Linux Trisquel fai case 3 meses.

O que me acontece é o seguinte:
En primer lugar instalín o Linux Trisquel no disco duro "C" (hda1).
Agora, por necesidade de utilizar o Autocad e máis o Contaplus, engadín outro disco duro, que agora pasa a ser o "C", e recuperín unha imaxe "ghost" que tiña cunha instalación do Windows XP, con tódolos programas que uso habitualmente. Mentras recuperaba o ghost, o disco duro donde teño instalado o Linux, tíñao desconectado.

Agora, teño os dous discos duros conectados, o do Windows como C, e o do Linux como D. A cuestión e que cando intento arrincar en Linux, quédase parado no arranque.

¿Pódese arranxar esta instalación? E que teño algúns arquivos que non quería perder.

Veña, un saúdo e espero as vosas respostas (espero que favorables). Grazas, e feliz día das Letras Galegas.

Trisquel
Offline
Iscritto: 12/21/2004

A forma máis sinxela de arranxalo é conectar os discos do revés, é dicir, o disco de Trisquel coma primario. Logo arrinca Trisquel e executa isto:

su
echo "
prompt
other=/dev/hdb1
label=Windows
">>/etc/lilo.conf
lilo

O "su" pide o contrasinal de root. O que fai isto é engadir Windows o selector de arrinque de Trisquel.