adaptador wifi netgear wg111v2
- Login o registrati per inviare commenti
Teño un adaptador wifi netgear wg111v2 e non consigo conectarme á rede. Coido que nin sequera mo recoñece o Trisquel. Busquei na web oficial e só hai drivers para os amigos de Bill Gates.
Teño que cambiar de adaptador ou hai algún xeito de solucionalo?
Grazas
Se non che queda outra alternativa, usa ndiswrapper para cargar os controladores de Ghindous en Linux.
Sería interesante que Trisquel tivera un asistente de configuración de redes que lanzara ndiswrapper en caso de ser necesario. Como exemplo podemos ver as últimas distros de Mandriva, que o traen.
Ndiswrapper e un programa "contrib", e dicir, unha utilidade libre que serve para poder empregar outra utilidade que é privativa. Non é unha solución recomendable e polo tanto non se inclue en Trisquel.
- Login o registrati per inviare commenti