Drivers wireless
- Login o registrati per inviare commenti
Teño un portatil Acer aspire 5021 wlmi, estou utilizando a version peme de Trisquel e a verdade e que vai de maravilla, so teño problemas co wifi, xa que non son capaz de instalar os drivers. a miña tarxeta ten o chip Broadcom 4318 que ten soporte ou polo meno foi e que vin, pero intento instalalos e non son capaz de facer que funcione. Tedes algun manual para poder instalalos ??? ¿e posible instalar ndiswrapper e utilizar os drivers de windows?? como entro en modo "root" xa que dende a pantalla de inicio dime que non é posibel. ¿hai soporte para unha impresora konicaminolta 2400W laser color?
Grazas
1: http://trisquel.uvigo.es/gl/node/478 :(
2: O usuario root non pode iniciar sesións gráficas, pero podes executar comandos coma root na consola empregando sudo comando
ou executando su
3: Proba o seguinte:
Descarga o driver desta páxina: http://sourceforge.net/project/downloading.php?group_id=108751&use_mirror=surfnet&filename=m2300w-0.51-1.i386.rpm&91105425
Abre o terminal, e vai ó directorio onde o descargaches, xeralmente /home/$USER/Descargas
cd /home/$USER/Descargas
Converte o rpm nun deb usando alien
sudo alien m2300w-0.51-1.i386.rpm --scripts
Instala o deb
sudo dpkg -i m2300w_0.51-2_i386.deb
Configura unha nova impresora escollendo o driver 2400W en "inicio > sistema > administración > xestor de impresión"
Nos non temos unha destas impresoras, asi que non sei se o driver vai a funcionar. Se funciona, cóntanolo, e incluiremos o driver no repositorio oficial de software.
Instalei os drivers que me dixestes e funcionan perfectamente, non me dou ningun erro o instalalos e recoñeciu a impresora a primeira. O único defecto que ten é que tarda un pouco en imprimir pero polo demais funciona coma en windows.
Agora ven o segundo problema, o do wireless, tedes alguns drivers para a tarxeta que vos puxen mais arriba ??
sei que drivers ainos xa que ese chip é soportado, o que non sei e como instalalos, podedesme guiar no proceso ou cales son as instruccions para instalalos.
Grazas
No enlace que te indiquei, tes outra conversa do foro facedo a mesma pregunta, e teño que darte a mesma resposta: non existen drivers libres para a túa tarxeta, e polo tanto non podemos axudarte.
- Login o registrati per inviare commenti