Crear un servidor con Trisquel Empresas

1 risposta [Ultimo contenuto]
knoxville
Offline
Iscritto: 05/04/2008

Ola a todos son usuario de ubuntu dende fai case un ano e atopeime con esta xoia de trisquel empresas que persoalmente me parece un proxecto xenial e no que me gustaria ver como continua de agora en diante .
Bueno despois desto queria preguntar a maneira de poder montar un servidor con Trisquel empresas empregando a base de datos Postgreesql(perdón si o escribo mal)
principalmente .Ainda que nunca a usei gustariame aprender a usala supoño que sera similar a sqlserver de windows solo que ainda no lle collin a maña .

Un saudo e seguide así

Trisquel
Offline
Iscritto: 12/21/2004

Trisquel Empresas 1.0 inclúe o servidor Postgresql 8.1, e o administrador grafico pgadmin3, so tes que instalar o sistema, non hai que facer nada mais :)

Se o que queres é iniciarte nos servidores SQL e non tes preferencia por ningún, recoméndoche que probes mysql tamén, por exemplo instalando os paquetes mysql-server, apache2 e phpmyadmin, co xestor de paquetes synaptic ou co seguinte comando:


sudo apt-get install mysql-server apache2 phpmyadmin

Agora xa podes admninistrar o novo servidor entrando en http://localhost/phpmyadmin/ ou executando mysql na consola.