Nova base de datos de paquetes

Hoxe vimos de lanzar a nosa nova base de datos web de paquetes en http://packages.trisquel.info/

Usando o mesmo software que usan sitios web coma os de Debian e Ubuntu, isto permitiranos amosar información sobre os paquetes distribuidos con Trisquel, incluindo descripcións pormenorizadas e relacións, categorias, lista de ficheiros, historial de cambios, e algunha captura de pantalla. Pola nosa parte agardamos que isto non só permita unha navegación sinxela polo catalogo de paquetes, se non que nos permita unha rápida detección de paquetes e programas non libres.

Os pasos necesarios para armar esta web proveeron as bases de datos precisas para que apt-file traballe en Trisquel, permitindo ademais que o aplicativo sexa quen de amosar os cambios feitos en cada anovamento.

E lembra, que se podemos ofrecer este novo servizo é por que Trisquel conta cuns repositorios completos e independentes, ofrecendo arredor de 300GB de paquetes libres.