Trisquel con Sugar
No proxecto Trisquel estamos a desenvolver unha nova iniciativa, consistente nunha imaxe de CD/USB "live" e instalable que executa a última versión da plataforma de aprendizaxe Sugar: "A plataforma de aprendizaxe Sugar, que ven de gañar numerosos recoñecementos, promove a aprendizaxe colaborativa mediante Actividades Sugar encamiñadas cara o pensamento crítico, o núcleo dunha educación de calidade. Deseñada de cero específicamente para os nenos, Sugar ofrece unha alternativa ao tradicional software "de oficina" Este novo proxecto mellorará o sistema Trisquel Edu, fornecendo un magnífico entorno educativo para estudiantes de primaria. Esperamos que sexa tamén o comezo dunha produtiva relación coa xente de SugarLabs, quenes nos axudaron moito a conseguir este lanzamento. Queremos dar moitas gracias a Aleksey Lim en particular e a todos no proxecto Sugar por manter este marabilloso software! O proxecto foi presentado durante o Día do Software Libre 09 organizado pola Free Software Foundation. Anunciada por Walter Bender, o fundador de SugarLabs, a nosa solución Sugar+Trisquel fornece dun xeito de empregar este magnífico software educativo nun sistema totalmente libre. Trisquel 3.0 tamén estivo presente, dispoñible para o seu uso polo público nos ordenadores do evento.
Puntos destacados
- Construída empregando as últimas versións dispoñibles de Sugar e Trisquel.
- Live CD instalable, incluíndo unha utilidade de auto-comprobación MD5.
- Datos de usuario persistentes nas sesións live-usb, inclúe un creador gráfico de pendrives.
- Menú de arrinque con 30 idiomas seleccionables.
- Soporte de clientes lixeiros LTSP empregando un servidor Trisquel Edu.
- Artwork co estilo de Sugar.
Descarga e proba
Podes colaborar connosco e co proxecto Sugar probando a imaxe iso candidata, dispoñible en: http://devel.trisquel.info/sugar/trisquel-sugar_3.0-LATEST_i686.iso. Envía calquera erro que atopes ao noso xestor de incidencias. Informaremos tamén del ao proxecto Sugar no caso de que non sexa causado polo sistema de base Trisquel.