Crear unha distro baseada en Trisquel 5.5 para universidade
Hola a todos:
Teño en mente, como proxecto persoal, crear unha distro baseada en Trisquel editada con algúns detalliños sinxelos e algún programa.
Estiven investigando por ahí e topei un programa chamado ubuntu builder que é moi cómodo e visual. Pero non me admite a iso de Trisquel.
Existe algunha aplicación parecida para Trisquel?
Non teño coñecementos de programación e sei moi pouco do uso do terminal.
Vin o manual de personalización de trisquel pero non entendo nada...
Se alguen me pode explicar polo miudo como facer modificacións agradeceriallo moito.
Moitas gracias de anteman.
Boas!
Eu tamén empregaba UB ata a versión 2 (as anteriores funcionan con Trisquel), que debido a uns cambios que fixo o programador cando le o ficheiro /etc/lsb-release so acepta a etiqueta de Ubuntu. Sigo de cerca o programa dende fai un tempo (traducino eu ó galego e ó castelán), e xa llo comentei ó autor, e xa me dixo que intentará arreglalo.
O programa o que fai e poñerlle unha interface gráfica ó metodo habitual para modificar unha distro como chroot, que cuns poucos comandos xa o tes! Aquí tes info detallada: http://www.vagos.es/showthread.php?t=953241
Noutro tema comentei varias ferramentas para modificar Trisquel:
https://trisquel.info/gl/forum/consejos-despues-de-instalar-trisquel-50#comment-16490
Agora non dispoño de tempo para explicarcho de forma pormenorizada (ando liado cos exames), pero bota unha ollada por algún deses ligazóns e calquera cousa comentaa.
Saúdos.
Moitas gracias Khany!
Eu tamen ando a preparar exames.jeje
Ei de revisar os enlaces e a ver que topo.
Moitas gracias
Moitas gracias Khany!
Eu tamen ando a preparar exames.jeje
Ei de revisar os enlaces e a ver que topo.
Moitas gracias