Promoción de trisquel na Uvigo
Boas,
como poño no meu perfil levo xa algúns anos metido nisto do software libre como usuario. Este ano xuntámonos na facultade onde estudo propuxemos a instalación de alomenos nalgúns postos das de aulas de informática de libre de sistemas operativos libres. Encomendáronme a min facer unha pequena selección de sistemas que requirisen poucos recursos - limitacións de ram -,e a verdade foi un traballo longo pero feito de bo gusto. Ao final decanteime por Trisquel por varias razóns: 1º Usa sofware totalmente libre, 2º Boa relación consumo-estética, 3º Por ter unha versión especialmente adicada as empresas (Facultade de Económicas e Empresariais), 4º Un repositorio bastante amplo e 5º Supostamente está patrocinada pola Uvigo, que menos que se fomente o seu uso nela.
Ata o de agora probamos a instalación de Trisquel mini, e parece bastante estable e desenvolvese bastante ben e posiblemente para o curso próximo disporemos duns 10-15 postos con esta distro.
A idea é buscar lobbys na propia facultade - entre os profesores - que promovan dende as aulas o uso deste software, todos coñecemos a reticencia que teñen os usuarios de windows a cambiar de hábitos e non falemos dos usuarios de Mac, pero estamos convencidos de que o futuro está nas plataformas que respecten os dereitos dos usuarios e non impoñan cadeas ao crecemento da sociedade da información.
Esperamos contar coa colaboración da comunidade Trisquel e que contedes con nos.
Saudos Compañeiros e Ide por libre!!