PC Actual inclúenos no seu DVD de abril

PC Actual Parece que á prensa especializada lle gusta Trisquel: acaba de chegar ós quioscos a edición de abril da revista PC Actual, e alédanos dicir que por segunda vez inclúen o noso sistema operativo no seu DVD.

Nesta ocasión incluíron a versión 2.1 da edición doméstica -de 32 bit- na sección para GNU/Linux do seu soporte dixital.

Unha ocasión máis de conseguir unha copia de Trisquel. ¡Que a disfrutedes!