What is Trisquel?

Trisquel GNU/Linux is a fully free operating system for home users, small enterprises and educational centers.

The Trisquel Blog

2015 foi un ano de calmo pero continuo progreso para o proxecto Trisquel. Non tendo programada unha nova versión durante ese periodo, centrámonos en mellorar o sistema de desenvolvemento e a infraestructura dos servidores, facendo a distribución máis confiable por mor das actualizacións máis rápidas e informativas. O noso veterán administrador de sistemas Santiago Rodriguez encargouse da dura tarefa de coller o código que produce os nosos paquetes de software e encaixalo nun sistema de integración continua, e mellorou o entorno de desenvolvemento con pbuilder -para os paquetes- e live-build -para os cds en vivo.
 
Este...

Ésta é unha versión de actualización progresiva, incluindo todas as melloras de mantemento y corrección de erros publicadas desde o lanzamento de Trisquel 6.0. Os usuarios da devandita distribución non precisan reinstalar, simplemente con empregar o xestor de actualizacións ou o comando apt-get dist-upgrade terán o mesmo resultado.

A versión 6.0.1 tamén incorpora algunhas novas características e melloras:

  • Soporte para a instalación en máquinas con UEFI (versión amd64).
  • Abrowser actualizado á versión 28, con mellores axustes de privacidade por defecto.
  • Engadido o paquete co firmware open-ath9k-htc.
  • Engadidos todos os ficheiros de...

Despois dun logo tempo de agarda, xa está dispoñíbel esta versión de Trisquel, baseada en Ubuntu Precise, e como ven sendo habitual, cheo das bondades do software libre. Continuamos proporcionando unha experiencia de usuario de escritorio clásico sinxela de usar e completa con todo o preciso para disfrutar e traballar con internet, ferramentas de oficina e comunicacións e utilidades para a rede social. A por ela, ¡antes de que arrefríe!

Novas características

  • Linux-Libre 3.2
  • Xorg
  • Abrowser 19
  • GNOME 3.4...

Hola, queridos amigos de Trisquel!Trisquel Keychain

Fai dúas semanas enviamos por fin o primeiro lote de chaves USB de Trisquel aos nosos membros asociados. Enviamos unha mensaxe de confirmación ao ter os sobres listos, porque pensamos que algúns poderiades ter mudado de lugar de residencia dende o voso rexistro. Visto que soamente a metade das mensaxes obtivo resposta, agora sabemos que a xente tamén muda de dirección de correo electrónico ;-)

Así que, se...

Chegou por fin Trisquel 5.5 STS "Brigantia"! Esta edición levounos algo de tempo extra, pero valeu a pena, xa que pese a que pasamos por un grande número de cambios en varios dos compoñentes clave, acadamos moitas melloras ao tempo que preparamos o sistema para a imminente nova edición con soporte ao longo prazo. A xeito de compensación (moitas gracias pola vosa paciencia!), e debido á importancia da seguinte versión, escomenzaremos o traballo nesta antes do habitual, máis ou menos nun mes.

Brigantia...

Trisquel 5.5 Brigantia está case lista, e amosarémola en dous grandes eventos nos próximos días:

Northeast GNU/Linux festival

Fomos invitados ó segundo Northeast GNU/Linux festival en Worcester -Massachusetts, USA- a cal está organizada por Jonathan Nadeau, quen axudou a mellorar a accesibilidade de Trisquel nas dúas últimas versións. Grandes nomes para un gran evento!

Programa

Sábado 17 de Marzo:
  • 10 a.m. a 10:45 Jon "Maddog" Hall - Director executivo de Linux International
  • 11 a.m. a 11:45 Jonathan Nadeau - Frostbite Media
  • 12 a.m. a 12:45 Max Mether - Manager de Servizos de Formación...

No que xa podemos considerar unha tradición, celebramos o Día da liberdade do software publicando Trisquel GNU/Linux 5.0 STS, a nosa última versión de nome en clave Dagda.

Hoxe lanzamos a versión estándar baseada en GNOME e a lixeira Trisquel Mini sobre LXDE. Os usuarios de Trisquel 4.5 poden actualizarse empregando a aplicación update-manager, sen necesidade de reinstalar o sistema. As implantacións avanzadas -servidores, RAID/LVM, cifradas, etc...

Logo de máis de dez mil descargas directas dende o lanzamento da versión 4.5 fai agora dous meses, agora publicamos unha actualización incremental incluindo toda-las actualizacións de seguridade e correccións de erros aplicados ata a data, ao tempo que expandimos ó conxunto desta edición cos sabores Mini e Netinstall.

Algunhas das melloras incluen un soporte mellorado de software para RAID e módems 3G, clientes fixos de transmisión de vídeo en líña, soporte para tarxetas Atheros USB-802.11N, e moitas otras...

Os días 1 e 2 de Xuño celebrase en Zacatecas, México, o II Congreso Internacional de Software Libre, no que o director do proxecto Trisquel falará sobre como se desenvolve e manten a distribución.

Xornal:

Programa:

...

Os días 1 e 2 de Xuño celebrase en Zacatecas, México, o II Congreso Internacional de Software Libre, no qu eo director do proxecto Trisquel falará sobre como se desenvolve e manten a distribución.

Xornal:

Programa:

...


Doazóns

Johannes Merten
doou € 20.00

khanh_duong

khanh_duong
doou $ 100.00

Zack Fosdyck (Z...
doou $ 20.00

Juan Francisco ...
doou € 20.00

Jaroslav Petrek
doou AUD 50.00

Doar agora!