F.A.Q.


Só tés que descargalo, é gratis.

¡De moitas maneiras! Aqui tés algunhas:

  • Usando Trisquel, compartíndoo e instalándoo ós teus amigos e familiares.
  • Informándonos dos erros que atopes, e suxeríndonos melloras.
  • Axudando nos foros.
  • Documentando no wiki.
  • Traducindo aplicacións.
  • E se tés experiencia desenvolvendo software libre, axudando no mantemento do sistema.

Se queres participar como voluntario, escribenos.

Trisquel naceu en Galicia polo que o seu idioma principal foi orixinalmente o galego, e incluía tamén o castelán e o inglés. Desde la versión 2.0 engadiuse o catalán e o vasco, e na versión 3.0 sumáronse o portugués, francés, hindi e chinés. O idioma predefinido é o inglés, pero pode seleccionarse outro dende o primeiro momento.

O instalador permite seleccionar moitos outros idiomas, que se descargarán e configurarán durante o proceso de instalación. Tamén se pode facer unha vez instalado, mediante menú Trisquel > Sistema > Administración > Soporte de idiomas.

Trisquel GNU/Linux é un sistema operativo 100% libre. Contén unha completa coleción de programas, ós que se poden engadir miles deles máis a traveso dun sinxelo instalador gráfico. Existe unha versión doméstica, unha para empresas, e outra para centros educativos.

Trisquel GNU/Linux inclúe axuda e manuais. Na páxina web hai disponible documentación extra e foros de axuda con listas de correo asociadas.

Se queres contratar soporte técnico para a túa empresa ou centro educativo, o equipo de Sognus -colaborador comercial do proxecto- pode darte a axuda que precisas.

O software libre, en oposición o privativo, é aquel que respeta os dereitos dos usuarios:

  • Executar o programa con cualquera propósito
  • Estudiar e modificar o programa (para o cual é preciso poder aceder ó código fonte)
  • Copiar o programa de manera que poda axudar ó veciño ou a calquera
  • Mellorar o programa e publicar as melloras

Non, ningún en absoluto. Se atopas algunha peza do sistema que non esté cuberta por unha licencia libre, fáinolo saber e a substituiremos ou retiraremos.

Como nota particular, non se inclúe firmware binario para tarxetas wireless, nin os drivers privativos das tarxetas gráficas de NVIDIA ou ATI.

Trisquel é un proxecto aberto, iniciado pola Universidade de Vigo e desenvolvido por unha comunidade de voluntarios co apoio da Facultade de Ciencias de Ourense, a Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense e empresas coma Sognus. O proxecto xurdiu da necesidade de crear un sistema operativo libre e en galego. A súa presentación oficial foi en abril de 2005 co apadriñamiento de Richard Stallman, fundador da Free Software Foundation.

Trisquel é un conxunto de paquetes de software libre -baixo os criterios da Free Software Foundation-. Para ler a licencia de cada paquete concreto consulte /usr/share/doc/[nome do programa]/copyright.

O usuario ten dereito a copiar, modificar e redistribuir este software, así coma utilizalo en cualquer número de ordenadores e para calquer propósito.

Trisquel distribúese coa esperanza de que sexa útil, pero SEN NINGUNHA GARANTÍA, incluso sen a garantía MERCANTIL implícita ou sen garantir a CONVENIENCIA PARA UN PROPÓSITO PARTICULAR.