Documentación (gl)
Que é Trisquel?
Trisquel é unha versión totalmente libre do sistema operativo GNU/Linux. Basease en Ubuntu, pero só inclúe software libre.
Trisquel está adaptado para poder ser usado tanto no fogar, coma nun entorno profesional. É sinxelo atopar e instalar programas máis especializado. Explore a nosa documentación ou pídalle axuda á comunidade. Consulte a nosa guía para empezar.
Trisquel ten varias edicións, deseñadas para diferentes usos. Se ten dúbidas, utilice a edición chamada simplemente Trisquel, que se destina para uso doméstico e persoal, e inclúe unha grande cantidade de aplicacións para redes, multimedia, talleres, xogos, etc.
A nosa comunidade fomenta a liberdade, accesibilidade, e educación. Os nosos usuarios poden, xa for con todo ou calquera parte de Trisquel GNU/Linux-libre:
- Executar
- Inspeccionar, Estudar e Modificar
- Copiar e Distribuír
- Distribuír versións modificadas
Estas son as chamadas 4 liberdades esenciais do software libre, e son os requisito que permiten preservar a liberdade dos usuarios.
Distribuímos Trisquel gratuitamente. Se desexa apoiar economicamente pode facerse socio ou facer unha doazón. Tamén pode mercar dispositivos de ThinkPenguin. Tamén lle animamos a facerse membro da Fundación para o Software Libre para apoiar ao Proxecto GNU.
Se tiver algunha dúbida non teña medo en preguntarlle á Comunidade. Lémbrese de consultar antes as preguntas frecuentes, e de seguir as normas do foro.
Versións
Temos tres versións da distro soportadas actualmente: 9.x LTS, nome en clave Etiona, 10.X LTS, nome en clave Nabia e 11.0 Aramo. Todas as versións teñen varias edicións, que difiren na selección de paquetes. Para entender o que significan os acrónimos STS e LTS lea isto.
Todas as edicións son compatibles con procesadores de arquitectura AMD64. Porén, só Etiona é compatible con procesadores x86 de 32 bits.
As funcións de accesibilidade son unha parte importante da edición normal de Trisquel. Os nosos manuais son compatibles cos lectores de pantalla; tamén ofrecemos una serie de útiles guías lidas.
Cada versión ten diferentes edicións
- Trisquel (con Mate)
- Triskel (con KDE)
- Trisquel Mini (con LXDE)
- Trisquel Sugar TOAST
Tamén existe a edición «netinstall», para personalizar completamente o sistema.
Obter axuda
- Preguntas frecuentes
- Manuais
- Foro.
- IRC (#trisquel e #trisquel-es en irc.libera.chat)
Tamén pode axudar ó proxecto informando de erros.