Política de privacidade
Acerca dos datos de usuario que almacena esta web
Desde o proxecto Trisquel GNU/Linux valoramos e loitamos polo respeto da súa privacidade.
A nosa web soamente recopila e almacena os datos estrictamente necesarios para o seu funcionamento, é dicir:
- Varias "cookies" de Drupal destinadas ao mantemento dunha sesión activa ata que vostede decida pechala e a gardar as súas preferencias de idioma.
- Os datos da conta que forneceu vostede cando se rexistrou:
- Un nome de usuario da súa elección.
- Unha dirección de correo electrónico empregada para recibir a información de acceso e dene a que enviar as súas entradas do foro ás listas de correo sincronizadas (*)
- Datos persoais opcionais coma o seu nome, apelidos ou dirección postal, almacenados soamente para que poidamos enviarlle as vantaxes físicas para membros asociados se vostede decide ser parte do programa.
- A dirección IP dende a que accedeu á nosa web, coma parte do funcionamento e rexistro estándar do servidor web e do xestor de contidos Drupal.
Non usamos os seus datos para ningún propósito que non sexa o mencionado e non vendemos ou enviamos ningunha aprte destes a terceiros. Dado que a nosa infraestructura atópase contida nos nosos servidores, tampouco compartimos datos como identificadores de sesión, cookies ou calquera outro con outros servizos, redes sociais ou semellantes.
(*) Dado que a dirección de correo electrónico empregada durante o rexistro e usada para enviar as súas entradas ás listas de correo do proxecto, será visible para os demáis usuarios das mesmas e para aqueles que visiten os seus arquivos. Esto é debido ao funcionamento propia de calquera lista de correo e constitúe unha parte inherente ao deseño desta forma de comunicación.
Escollemos ocultar estas direccións de correo na visualización dos foros da web (onde se ven reemplazadas pola cadea "user at domain") pero aínda así recomendamos que escolla para a súa conta unha dirección que non lle importe sexa pública nestas listas de correo e os seus arquivos.
Con respecto ao borrado da súa conta
Tradicionalmente suxeríamos aos nosos usuarios o contacto co administrador da web (recentemente nomeado Controlador de Datos e Oficial de Protección de Datos) para solicitar o borrado da súa conta, debido a que o proceder co mesmo, tódalas contribucións do usuario á web poderían perderse e debido á estructura dos foros de Drupal, as respostas doutros membros da comunidade ás dúbidas publicadas polo usuario poderían tamén perderse.
Dado que agora facemos accesible a opción de borrar a conta do usuario desde o menú de edición da conta sen a nosa intervención, pedímoslle que considere a selección de unha destas dúas opcións que se lle presentarán ao escoller esta función co fin de manter as súas contribucións á comunidade.
- "Desactivar a conta e manter todo o contido", que lle permite deixar de participar na web pero manter o listado das súas conversacións, entradas e outro contido coma incidencias ou páxinas de documentación creadas.
- "Borrar a conta e facer que todo o contido pase ao usuario anónimo", que elimina a súa conta pero mantén os contidos que vostede creou sen mencionar o seu nome de usuario.
Escollendo unha destas opcións axudará a que a comunidade poida seguir accedendo a valiosa información de soporte técnico, á axuda que outros lle deron a vostede coas súas respostas e segundo o alcance das súas contribucións incluso a páxinas de de documentación de difícil reemprazo.
Solicitude de envío dos seus datos almacenados
Pode contactar co noso Oficial de Protección de Datos para solicitar o envío de todos os datos que a nosa web teña almacenados para vostede e cumpriremos coa súa petición nun mínimo prazo razoable. Tamén pode consultalos vostede mesmo comprobando a páxina "A miña conta" e a súa lapela "Seguimento", que mostra tódalas contribución que ten feito á web.