Convenio de Colaboración entre Trisquel, a Universidade de Vigo a Deputación de Ourense e Imagos.

O proxecto Trisquel ven de acadar un convenio de colaboración e patrocinio coa Universidade de Vigo, a Deputación Provincial de Ourense e Imagos Soluciones Tecnológicas mediante o programa Ourense Innova, orientado ó campo da computación distribuida empregando Software Libre.

Os recursos estarán destinados ó desenvolvemento do sistema Tomcat (Trisquel OpenMosix Cluster @). Éste proxecto envolve varios campos da tecnoloxía informática máis innovadora e do Software Libre. Entre eles incluense os sistemas libres de computación distribuida (OpenMosix, Lam/mpi, pvm...), sistemas de rede, interfaces de usuario, e os sistemas operativos en xeral, polo que implicará un grande pulo para a distribución Trisquel GNU/Linux.

Entre os nosos obxectivos están incluir ferramentas de supercomputación transparentes ó usuario dentro do núcleo de Trisquel GNU/Linux, co que se podería crear un cluster de computación en cuestion de minutos sen necesidade de instalar nada, e que permitiria que redes de calquer tamaño que corran Trisquel rentabilicen os tempos mortos de procesador facendo valiosos calculos distribuidos, todo esto nun sistema de escritorio e sen que o usuario perda rendemento.

Colaboraremos no portado de OpenMosix a kernel 2.6, e no desenvolvemento de aplicacións que permitan facer uso da potencia da computación distribuida a usuarios domesticos que montan pequenas redes, para tarefas de compresión de video, tratamento de datos, etc.

Actualmente Tomcat atopase en fase de probas na Facultade de Ciencias de Ourense e a Escola Superior de Enxeñería informática de Ourense, onde contamos con un pequeno cluster OpenMosix/Beowulf empregado maiormente para docencia e desenvolvemento.

--------------

Oferta de Emprego:

Búscase alumno/a da Universidade de Vigo para unha beca de traballo Universidade/Empresa en Imagos 2005 S.L. dentro do marco do proxecto de desenvolvemento do Cluster de Computación Trisquel OpenMosix Cluster.

Os requisitos son contar con coñecementos nestes campos:

Instalación e reparación de Hardware pc
Administración de sistemas GNU/Linux (en particular Debian)
Scripting Bash, perl...
Funcionamiento de sistemas operativos (procesos, memoria...)
Adaptación do kernel (parches, programación)
Distribucións Live
Sistemas de ficheiros de rede

Valoraranse especialmente (sen ser imprescindibles) os coñecementos en computación distribuida (openmosix, beowulf).

O traballo desenvolverase durante o 2006 en Ourense.

Enviade os curriculums en pdf a name at domain.. (Interésanos en particular os
coñecementos máis que a experiencia)