Ésta é unha versión de actualización progresiva, incluindo todas as melloras de mantemento y corrección de erros publicadas desde o lanzamento de Trisquel 6.0. Os usuarios da devandita distribución non precisan reinstalar, simplemente con empregar o xestor de actualizacións ou o comando apt-get dist-upgrade terán o mesmo resultado.
A versión 6.0.1 tamén incorpora algunhas novas características e melloras:
- Soporte para a instalación en máquinas con UEFI (versión amd64).
- Abrowser actualizado á versión 28, con mellores axustes de privacidade por defecto.
- Engadido o paquete co firmware open-ath9k-htc.
- Engadidos todos os ficheiros de firmware libre ás imaxes netinstall, permitiendo o seu uso sobre redes WiFi.
Agora tamén pode instalarse Trisquel directamente en ordenadores baseados en UEFI (no canto do tradicional BIOS), desactivando na súa configuración soamente a opción de arranque restrinxido. Non firmamos os nosos kernels ou xestores de arrinque dado que eso nos obligaría a pedirlle permiso a Microsoft, algo que en todo caso nunca debería de ser preciso.
Páxina de descargas e de doazóns!