O proxecto Trisquel ten dúas canles IRC (Internet Relay Chat) oficiais ás que calquera se pode unir: #Trisquel (para conversar en inglés) e #Trisquel-es (para conversar en español). Para conectarse a unha destas canles, sigue os seguintes pasos.
Empregando Pidgin
O cliente por defecto de IRC de Trisquel é
Pidgin (un cliente de mensaxería que soporta moitos protocolos amais de IRC). Para usar a canle #trisquel en Pidgin:
1. Cando inicias Pidgin por primeira vez informarache de que non tes ningunha conta configurada, prema en Engadir... para crear unha.
![LELaMT7.png](http://i.imgur.com/LELaMT7.png)
2. Usando a lista de protocolos seleccione a opción IRC
![ECVgZYQ.png](http://i.imgur.com/ECVgZYQ.png)
3. Escolle un nome de usuario para amosar na conversa. Finalmente prema Engadir.
![ON9yf9C.png](http://i.imgur.com/ON9yf9C.png)
4. Na xanela de Lista de contactos selecciona o menú de Contactos e selecciona Engadir unha conversa...
![9KOraBb.png](http://i.imgur.com/9KOraBb.png)
5. Escribe o nome da canle desexada. #trisquel ou #trisquel-es
![qdh2tbt.png](http://i.imgur.com/qdh2tbt.png)
6. Doble clic na conversa #trisquel para unirse.
![BAiPoez.png](http://i.imgur.com/BAiPoez.png)
7.Despois de conectarte podes escribir /help para máis axuda en como empregar IRC.
![Z9DSi0i.png](http://i.imgur.com/Z9DSi0i.png)
Información adicional
- Podes conectarte ó IRC a través de outros clientes como Thunderbird, Konversation, XChat... o procedemento é similar para todos, elixe o que máis che guste.
- Empregar nome real no IRC pode compremeter a túa privacidade. Non se require un nome real para o IRC
- Recoméndase conectarse á canle #Trisquel xa que é na que hai máis xente e así poder obter máis axuda.
- Pode ler máis sobre freenode na súa web.
Revisión
03/04/2014 - 12:11
![Khany Khany](/files/imagecache/avatar_small/avatars/picture-2678.png)
07/17/2023 - 19:22
![Parodper Parodper](/files/imagecache/avatar_small/avatar_selection/astronaut.jpg)