Revisión de Lanzamento de Trisquel 3.5 Awen de Xov, 03/25/2010 - 01:27

As revisións permítenlle rastrexar as diferenzas que hai entre distintas versións dunha entrada.

Trisquel GNU/Linux 3.5, nome en clave Awen está lista. Fai clic na imaxe para ver o vídeo [en] (versión HD) que preparamos para as xornadas LibrePlanet 2010. Máis información despois do salto.


Non te funciona o vídeo? Actualiza o teu navegador ou reprodúceo en Youtube

Esta nova versión baseámola en Ubuntu 9.10, é por suposto totalmente libre, e inclúe máis aplicacións, mellor soporte multimedia, máis traduccións e unha configuración máis rápida. Nesta edición empregamos o sistema de ficheiros Ext4 para a partición raíz, e XFS para a dos usuarios, obtendo un bo equilibrio entre velocidade e usabilidade. Algunhas das novas características máis destacadas son o menor tempo para o arrinque e a función para cifrar o directorio persoal.

Actualizáronse tódolos paquetes, incluindo:

  • Kernel linux-libre 2.6.31
  • Xorg 7.4
  • GNOME 2.28
  • OpenOffice.org 3.1.1
  • Navegador Web basado en Mozilla 3.5

Atoparás as imaxes de tipo Live CD instalable para computadores de 32 e 64 bits na sección de descargas, xunto co código fonte e os ficheiros torrent, que podes empregar para axudarnos compartindo os isos. Falando de axuda, non dubides en botar unha man no wiki, atopar ou solucionar algún bug, ou empezar con nos o traballo na seguinte versión.

Capturas de pantalla

Escritorio
Suite ofimática
Media Center