Revisión de Tenda de agasallos de Dom, 07/25/2010 - 16:36

As revisións permítenlle rastrexar as diferenzas que hai entre distintas versións dunha entrada.

Queres botarnos unha man para mellorar Trisquel? Agora podes mercar un agasallo e axudarnos a conseguir fondos. Tamén podes facer un obsequio aos teus amigos ao tempo que os achegas ao noso proxecto. Por cada compra, o proxecto recibe unha doazón de 7€,  axudarás a que poidamos continuar co noso traballo, medrar, e producir unha distribución mellor. Ademáis, os nosos produtos son xeniais!

Temos á vosa disposición unha selección de produtos en constante crecemento, con distintos estilos e cores e medidas personalizables. Entre outros dispomos de roupa, tazas, fundas de portátil, chapas, sombreiros e incluso sombrillas con varios deseños, todos eles escollidos con coidado para manter un elevado nivel de calidade.

Lembra que se queres contribuir ao proxecto cunha cantidade que percibamos de xeito íntegro podes empregar tamén o noso formulario para doazóns directas.

Soamente o mellor

Non queremos que se nos poida aplicar un clásico do merchandising coma "Axudei ao proxecto Trisquel e todo o que recibín foi esta penosa camiseta". Aínda que non fabricamos nos os produtos -desprazamos esa tarefa a unha empresa especializada- escollemos con coidado o que vos ofertamos. A roupa é personalizad mediante procesos de impresión flex/flock de alta calidade, nos que se emprega unha lama de plástico cortada e pegada de xeito térmico sobre o tecido para obter unha superficie definida con tacto suave -de veludo no método flock-. Ademáis, estes métodos garanten a lonxevidade da prenda.

A marca do hacker

Non vendemos calquera cousa, escollemos os produtos pensando en vos, os nosos usuarios. Temos fundas de portátil de neopreno de 12 e 15 polegadas, camisetas con deseños que se iluminan na escuridade para destacar e evanxelizar nas lan-party, e tazas que conteñan o combustible para longas noites de hacking. Tamén temos roupa máis casual para que mostredes o voso amor polo proxecto tódolos días, e incluso sombrillas e outros complementos. Pasade o punteiro sobre a imaxe da dereita e, verédela revelar a súa natureza na escuridade!

Solicita un produto o deseño

Engadiremos de cando en cando novos deseños e combinacións de produtos á tenda, pero, ¿qué sucede se desexas máis personalización, coma por exemplo a aplicación da figura dun produto noutro distinto? Podes empregar calquera dos nosos deseños na plataforma de composición de Spreadsheet, e nos recibiremos a mesma contribución que en calqueira outro produto da tenda, Pero debido a que empregan Adobe Flash para o servizo de deseño -obrigándovos a empregas software non libre- podes pedirnos un produto, por exemplo "un polo de duas cores co deseño trisquel2", e engadirémolo á tena para tí. Pódese escoller de entre estes produtos e estes deseños.

Tamén agradeceremos a túa opinión sobre os deseños e produtos dispoñibles, dado que que a nosa idea é que a tenda, o mesmo que a propia distribución se adapte do mellor xeito posible á súa comunidade de usuarios, polo que as revisións do contido son parte da súa natureza.

Pagos, envíos e devolucións

Lembrade que non fabricamos nin vendemos os produtos nos mesmos, facémolo a través dunha empresa externa que nos transfire unha parte dos beneficios. Permiten o pago con tarxeta de crédito ou Paypal, e cobraranvos unha pequena cantidade polos gastos de envío. Dado que cada produto vendido é fabricado específicamente para a ocasión, non aceptan devolucións, salvo que cometan un erro ou o produto resulte defetuoso.

Ás tendas!

Escolle a tenda que te quede máis próxima para obter as opcións de envío máis rápidas e económicas. No caso de que a tenda non realice envíos a onde vivas, podes empregar a alternativa que montamos en Zazzle.

  • Ir á nosa tenda europea en Inglés
  • Ir á nosa tenda europea en Español
  • Ir á nosa tenda estadounidense en Inglés

Tódalas fotos desta páxina corresponden a productos á venda na tenda.